DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 105 Luns, 8 de xuño de 2026 Páx. 32997

III. Outras disposicións

Consellería do Medio Rural

RESOLUCIÓN do 25 de maio de 2026, da Dirección Xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, pola que se amplían as zonas demarcadas da praga de corentena Flavescencia dourada da vide e se manteñen as medidas urxentes para a súa erradicación e control na Comunidade Autónoma de Galicia.

Antecedentes:

A flavescencia dourada (FD) da vide, provocada polo organismo nocivo Grapevine flavescence dorée phytoplasma, é unha praga corentenaria da Unión regulada no Regulamento (UE) 2019/2072 e no Regulamento (UE) 2016/2031. O cicadélido Scaphoideus titanus constitúe o insecto vector da enfermidade.

O día 22 de setembro de 2022 publicouse no Diario Oficial de la Unión Europea o Regulamento de execución (UE) 2022/1630 da Comisión, do 21 de setembro de 2022, polo que se establecen medidas para a contención de Grapevine flavescence dorée phytoplasma en determinadas zonas demarcadas. Mediante este regulamento estableceuse tamén unha zona tampón de FD en Galicia de 2,5 km coa fronteira con Portugal, que abrangue varios concellos das provincias de Pontevedra e Ourense.

O día 20 de decembro de 2022, o Comité Fitosanitario Nacional aprobou o Plan nacional de continxencia de flavescencia dourada da vide, en que se recollen as medidas que se deben adoptar contra esta enfermidade co obxectivo de impedir a súa introdución e propagación e, no caso da súa aparición, actuar con rapidez e eficacia para determinar a súa distribución, combatela e erradicala.

Durante o ano 2022 realizáronse prospeccións na zona tampón de FD de Galicia para detectar posibles plantas infectadas e a presenza do insecto vector. Como consecuencia destas prospeccións confirmouse a presenza do vector en Galicia e, en novembro de 2022, confirmouse tamén a presenza de FD en seis plantas de vide nos concellos de Arbo, Crecente e As Neves, na provincia de Pontevedra, e no concello de Padrenda, na provincia de Ourense.

O día 2 de febreiro de 2023 publicouse no Diario Oficial de Galicia a Resolución do 20 de xaneiro de 2023, da Dirección Xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, pola que se declarou a presenza de FD en Galicia e se estableceron a zona demarcada e as medidas urxentes para a súa erradicación e control (DOG núm. 23, do 2 de febreiro).

Durante as prospeccións realizadas no ano 2023 producíronse novas deteccións de FD, o que obrigou a ampliar a zona demarcada e a modificar as medidas de erradicación e control deste organismo nocivo. O día 17 de novembro de 2023 publicouse no Diario Oficial de Galicia a Resolución do 9 de novembro de 2023, da Dirección Xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, pola que se ampliaron as zonas demarcadas pola presenza da praga de corentena denominada flavescencia dourada da vide e se estableceron medidas urxentes para a súa erradicación e control na Comunidade Autónoma de Galicia (DOG núm. 219, do 17 de novembro).

Na citada resolución establecéronse diversas medidas obrigatorias para a erradicación e control da FD. En relación coa circulación do material de Vitis, deben cumprirse as condicións establecidas no Regulamento de execución (UE) 2021/2285 da Comisión polo que se modifica o Regulamento de execución (UE) 2019/2072.

Durante as prospeccións realizadas no ano 2024 detectáronse novas plantas positivas a FD en varios concellos, o que obrigou a ampliar novamente a zona demarcada. O día 27 de novembro de 2024 publicouse no Diario Oficial de Galicia a Resolución do 19 de novembro de 2024, da Dirección Xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, pola que se ampliaron as zonas demarcadas pola presenza da praga de corentena denominada flavescencia dourada da vide e se mantiveron as medidas urxentes para a súa erradicación e control na Comunidade Autónoma de Galicia (DOG núm. 229, do 27 de novembro).

O día 24 de febreiro de 2025 publicouse o Regulamento de execución (UE) 2025/358 da Comisión, do 21 de febreiro de 2025, polo que se modifica o Regulamento de execución (UE) 2022/1630 no que respecta á lista de zonas demarcadas para a contención de Grapevine flavescence dorée phytoplasma. Este regulamento ampliou a demarcación da praga no territorio de Portugal e, como consecuencia, a zona tampón de Galicia, que abrangue varias parroquias da provincia de Ourense.

O día 30 de abril de 2025 publicouse no Diario Oficial de Galicia o Decreto 29/2025, do 7 de abril, polo que se cualifica de utilidade pública a erradicación da flavescencia dourada da viña en Galicia e se ordenan as medidas para evitar a súa propagación (DOG núm. 82, do 30 de abril).

Durante as prospeccións realizadas no ano 2025 detectáronse novos positivos de FD. O día 5 de agosto de 2025 publicouse no Diario Oficial de Galicia a Resolución do 28 de xullo de 2025, da Dirección Xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, pola que se ampliaron as zonas demarcadas da praga de corentena denominada flavescencia dourada da vide e se mantiveron as medidas urxentes para a súa erradicación e control na Comunidade Autónoma de Galicia (DOG núm. 148, do 5 de agosto).

Durante as prospeccións realizadas no segundo semestre do ano 2025 detectáronse novas plantas positivas a FD en varios concellos, polo que resulta necesario ampliar novamente a zona demarcada e manter as medidas fitosanitarias establecidas na Resolución do 9 de novembro de 2023 e no Decreto 29/2025, do 7 de abril.

Por todo o anteriormente exposto,

RESOLVO:

1. Actualizar a zona demarcada de FD da vide en Galicia, ampliándoa coas seguintes parroquias:

Na provincia de Ourense:

– A parroquia de Beade (Santa María), no concello de Beade.

– As parroquias de Carballeda (San Miguel) e Santo Estevo de Nóvoa (Santo Estevo), no concello de Carballeda de Avia.

– As parroquias de Anfeoz (Santa Baia), As Seixadas (San Xoán), Cartelle (Santa María), Couxil (Santa María), Espiñoso (San Miguel), O Mundil (Santa María), Penela (Santiago), Sabucedo de Montes (San Pedro) e Vilar de Vacas (Santa María), no concello de Cartelle.

– A parroquia de Barral (Nosa Señora das Neves), no concello de Castrelo de Miño.

– A parroquia de Acevedo do Río (San Xurxo), no concello de Celanova.

– A parroquia de Esposende (Santa Mariña), no concello de Cenlle.

– As parroquias de Casardeita (Santiago), Freás de Eiras (Santa María), Mosteiro (San Pedro), Paizás (San Salvador), Rubiás (Santiago), Santo André de Penosiños (Santo André) e Vilameá de Ramirás (Santa María), no concello de Ramirás.

– As parroquias de Campo Redondo (Santo André), Esposende (Santiago), San Cristovo de Regodeigón (San Cristovo) e Sanín (San Pedro), no concello de Ribadavia.

No anexo I desta resolución pódese consultar o plano da zona demarcada actual e no anexo II a listaxe de concellos e parroquias da zona tampón.

Tanto a zona demarcada como a listaxe de todas as parcelas infestadas poderán consultarse de forma actualizada na páxina web oficial da Consellería do Medio Rural:

https://mediorural.xunta.gal/gl/temas/agricultura/sanidade-vexetal/organismos-nocivos-de-corentena

2. Manter todas as medidas fitosanitarias establecidas na Resolución do 9 de novembro de 2023, da Dirección Xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, pola que se amplían as zonas demarcadas pola presenza da praga de corentena denominada flavescencia dourada da vide e se establecen medidas urxentes para a súa erradicación e control na Comunidade Autónoma de Galicia, así como as establecidas no Decreto 29/2025, do 7 de abril, polo que se cualifica de utilidade pública a erradicación da flavescencia dourada da viña en Galicia e se ordenan as medidas para evitar a súa propagación.

Santiago de Compostela, 25 de maio de 2026

Silvestre José Balseiros Guinarte
Director xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias

ANEXO I

Plano de situación das zonas demarcadas de FD

missing image file

ANEXO II

Listaxe de concellos e parroquias da zona tampón de FD

Provincia

Municipio

Parroquia

Ourense

A Arnoia

A Arnoia (San Salvador)

Bande

Corvelle (Santa María)

Beade

Beade (Santa María)

Carballeda de Avia

Carballeda (San Miguel)

Santo Estevo de Nóvoa (Santo Estevo)

Cartelle

Sande (San Salvador)

Anfeoz (Santa Baia)

As Seixadas (San Xoán)

Cartelle (Santa María)

Couxil (Santa María)

Espiñoso (San Miguel)

O Mundil (Santa María)

Penela (Santiago)

Sabucedo de Montes (San Pedro)

Vilar de Vacas (Santa María)

Castrelo de Miño

Castrelo de Miño (Santa María)

Barral (Nosa Señora das Neves)

Celavova

Acevedo do Río (San Xurxo)

Cenlle

Esposende (Santa Mariña)

Cortegada

Cortegada (Santa María)

Louredo (San Xoán)

Meréns (San Cibrán)

Rabiño (San Bieito)

Refoxos (San Breixo)

Valongo (San Martiño)

Zaparín (San Martiño)

Entrimo

A Illa (San Lourenzo)

A Pereira (San Fagundo)

Venceáns (San Tomé)

Gomesende

A Guía (Santa María)

O Pao (Santa María)

O Val (Santa María)

Penosiños (San Salvador)

Poulo (San Pedro)

San Lourenzo de Fustáns (San Lourenzo)

Lobeira

A Fraga (San Bartolomeu)

Parada (Santa Eufemia)

San Xes de Vilariño (San Xes)

Lobios

A Illa (San Lourenzo)

Araúxo (San Martiño)

Grou (San Mamede)

Manín (San Salvador)

Río Caldo (Santa María)

Melón

Melón (Santa María)

Quins (Santa María)

Ourense

Monterrei

Medeiros (Santa María)

Oímbra

A Granxa (San Xoán)

As Chás (Santa María das Neves)

Bousés (Santa Baia)

Oímbra (Santa María)

Rabal (Santo André)

San Cibrao (Santa Cruz)

Videferre (Santa María)

Padrenda

Crespos (San Xoán)

Desteriz (San Miguel)

Monte Redondo (San Xoán)

O Condado (Santa María)

Padrenda (San Cibrán)

San Pedro da Torre (San Pedro)

Pontedeva

Pontedeva (San Breixo)

Trado (San Paio)

Quintela de Leirado

Leirado (San Pedro)

Os Mociños (Santa María)

Quintela de Leirado (San Paulo)

Redemuíños (San Salvador)

Xacebáns (Santiago)

Ramirás

Escudeiros (San Xoán)

Grixó (Santa Isabel)

Penosiños (San Salvador)

Casardeita (Santiago)

Freás de Eiras (Santa María)

O Mosteiro (San Pedro)

Paizás (San Salvador)

Rubiás (Santiago)

Santo André de Penosiños (Santo André)

Vilameá de Ramirás (Santa María)

Ribadavia

Francelos (Santa María Madanela)

Ribadavia (San Domingos de Fóra)

Ribadavia (San Domingos)

Ventosela (San Paio)

Campo Redondo (Santo André)

Esposende (Santiago)

San Cristovo de Regodeigón (San Cristovo)

Sanín (San Pedro)

Verea

Bangueses (San Miguel)

Verín

Feces de Abaixo (Santa María)

Feces de Cima (Santa María)

Mandín (Santa María)

Mourazos (San Martiño)

Tamagos (Santa María)

Tamaguelos (Santa María)

Pontevedra

Vilardevós

Arzádegos (Santa Baia)

Berrande (San Bartolomeu)

Soutochao (Santa María)

Terroso (Santa Cruz)

Vilar de Cervos (San Vicente)

Vilarello da Cota (Santa María)

A Caniza

A Caniza (Santa Teresa)

Luneda (Santa María)

O Couto (San Bartolomeu)

Oroso (Santa María)

Parada das Achas (Santiago)

Valeixe (Santa Cristina)

Arbo

Arbo (Santa María)

Barcela (San Xoán)

Cabeiras (San Sebastián)

Cequeliños (San Miguel)

Mourentán (San Cristovo)

Sela (Santa María)

As Neves

As Neves (Santa María)

Liñares (Santa María)

Rubiós (San Xoán)

San Cibrán de Ribarteme (San Cibrán)

Santiago de Ribarteme (Santiago)

Setados (Santa Euxenia)

Tortoreos (Santiago)

Vide (Santa María)

Crecente

A Ameixeira (San Bernabeu)

Albeos (San Xoán)

Angudes (San Xoán)

Crecente (San Pedro)

Filgueira (San Pedro)

O Freixo (San Roque)

Quintela (San Caetano)

Rebordechán (Santa María)

Ribeira (Santa Mariña)

Sendelle (Santa Cruz)

Vilar (San Xurxo)

O Rosal

As Eiras (San Bartolomeu)

O Rosal (Santa Mariña)

San Miguel de Tabagón (San Miguel)

Tabagón (San Xoán)

Oia

Loureza (San Mamede)

Pontevedra

Salceda de Caselas

Entenza (Santos Xusto e Pastor)

Soutelo (San Vicente)

Salvaterra de Miño

Alxén (San Paio)

Arantei (San Pedro)

Cabreira (San Miguel)

Fiolledo (San Paio)

Meder (Santo Adrián)

Oleiros (Santa María)

Pesqueiras (Santa Mariña)

Porto (San Paulo)

Salvaterra (San Lourenzo)

Tomiño

Amorín (San Xoán)

Currás (San Martiño)

Estás (Santiago)

Figueiró (San Martiño)

Forcadela (San Pedro)

Goián (San Cristovo)

Piñeiro (San Salvador)

Sobrada (San Salvador)

Taborda (San Miguel)

Tomiño (Santa María)

Tui

Areas (Santa Mariña)

Baldráns (Santiago)

Caldelas de Miño (San Martiño)

Guillarei (San Mamede)

Paramos (San Xoán)

Pazos de Reis (O Sagrario)

Pesegueiro (San Miguel)

Randufe (Santa María da Guía)

Rebordáns (San Bartolomeu)

Tui (O Sagrario)