Co obxecto de regular a incorporación e impartición do programa de dobre titulación de bacharel e baccalauréat (Bachibac) en centros educativos sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia para o curso escolar 2026/27, resolvo anunciar:
Primeiro. Que a regulación e convocatoria da incorporación e impartición do programa de dobre titulación de bacharel e baccalauréat (Bachibac) en centros educativos sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia para o curso escolar 2026/27 estará dispoñible na páxina web da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional www.edu.xunta.gal/portal
Segundo. Que o prazo de presentación de solicitudes será de quince (15) días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación do anuncio desta resolución no Diario Oficial de Galicia.
Terceiro. Que os centros docentes que desexen impartir o programa Bachibac deberán formular a súa solicitude ante a Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa, consonte o modelo que figura como anexo I da convocatoria, e dirixila á Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional.
Santiago de Compostela, 26 de maio de 2026
Judith Fernández Novoa
Directora xeral de Ordenación e Innovación Educativa
