En sesión que tivo lugar o 4 de xuño de 2026, o tribunal nomeado pola Resolución do 27 de febreiro de 2026 (DOG núm. 42, do 4 de marzo) para cualificar o proceso selectivo para o ingreso, mediante o sistema de oposición, pola quenda de acceso libre e promoción interna, no corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de profesores numerarios de institutos politécnicos marítimo-pesqueiros, especialidade de formación e orientación laboral, convocado mediante a Resolución da Consellería de Facenda e Administración Pública do 18 de xullo de 2025 (DOG núm. 162, do 26 de agosto), acordou, de conformidade co disposto na base II.1.2.6 da convocatoria, que o segundo exercicio da oposición terá lugar os días 10, 15 e 17 de xuño de 2026, en chamamento único dos respectivos días, no Edificio Administrativo San Caetano, Santiago de Compostela.
De acordo coa base II.1.2.1, a orde de actuación das persoas aspirantes será por orde alfabética e iniciarase por aquelas cuxo primeiro apelido comece pola letra F, de conformidade co establecido na Resolución da Consellería de Facenda e Administración Pública do 21 de xaneiro de 2025 (DOG núm. 16, do 24 de xaneiro), pola que se fai público o resultado do sorteo realizado, en cumprimento do establecido na Resolución da mesma consellería do 16 de xaneiro de 2025 (DOG núm. 12, do 20 de xaneiro).
O día 10 de xuño de 2026, ás 15.00 horas, na Sala «D» terá lugar a realización do segundo exercicio de:
• González Lestón, María Carmen.
O día 15 de xuño de 2026, ás 14.30 horas, na Sala «E» terá lugar a realización do segundo exercicio de:
• Pose Veiga, Minerva.
O día 17 de xuño de 2026, ás 14.30 horas, na Sala «E» terá lugar a realización do segundo exercicio de:
• Álvarez Ramil, Ana María.
As persoas aspirantes deberán presentarse ao exercicio provistas de NIF, NIE, pasaporte, permiso de condución ou outro documento fidedigno que, a xuízo do tribunal, acredite a súa identidade.
De conformidade co disposto na base II.1.1.2. da convocatoria, para a preparación da unidade didáctica, poderá utilizar o material que considere oportuno, sen posibilidade de conexión co exterior, polo que o material que vaia utilizar non poderá ser susceptible da dita conexión (ordenadores portátiles, teléfonos móbiles, etc.), sen prexuízo da posibilidade de utilización alternativa do material que, a ese respecto, lle facilitará o tribunal. Para a exposición, o persoal aspirante poderá utilizar o material auxiliar que considere oportuno e que deberá achegar el mesmo, sempre que sexa aprobado polo tribunal, así como un guión que non excederá unha páxina e que se entregará ao tribunal ao final da exposición.
Santiago de Compostela, 4 de xuño de 2026
Patricia Villajos Grande
Presidenta do tribunal
