Na sesión que tivo lugar o 2 de xuño de 2026, o tribunal nomeado pola Resolución do 16 de abril de 2024 (DOG núm. 78, do 19 de abril), modificada pola Resolución do 21 de maio de 2024 (DOG núm. 102, do 28 de maio), para cualificar o proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, para o ingreso, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso, no corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia e no corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, convocado pola Resolución do 22 de decembro de 2022 (DOG núm. 244, do 26 de decembro), modificada pola Resolución do 20 de xaneiro de 2023 (DOG núm. 15, do 23 de xaneiro) e pola Resolución do 6 de febreiro de 2023 (DOG núm. 26, do 7 de febreiro) (corrección de erros DOG núm. 64, do 31 de marzo),
ACORDOU:
Primeiro. Mediante a Resolución do 21 de outubro de 2024 (DOG núm. 206, do 24 de outubro), este tribunal acordou elevar á persoa titular da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal a listaxe das persoas aspirantes que superaron o proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, para o ingreso, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso, no corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, escala de facultativos, especialidade de Medicina (subgrupo A1).
O 29 de maio de 2025, a Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal requírelle a este tribunal que propoña unha nova persoa aspirante, xa que a persoa aspirante proposta co número de orde 2 Cerdeira Caramés, Sara (***3197**) non presentou a documentación requirida, polo que decae nos seus dereitos respecto deste proceso selectivo.
A base III.4 da convocatoria dispón que: «A orde de prelación das persoas aspirantes virá dada pola suma das puntuacións na fase de concurso. Non poderá superar o proceso selectivo un número superior de persoas ao de prazas convocadas. Para poder superar o proceso selectivo será necesario acadar unha puntuación mínima de trinta (30) puntos. Non obstante, para asegurar a cobertura das vacantes, se se producisen renuncias das persoas seleccionadas antes do seu nomeamento ou toma de posesión, o órgano convocante poderá requirir unha relación complementaria das persoas que sigan por puntuación ás propostas. Para estes efectos, terán a mesma consideración que as renuncias os supostos das persoas aspirantes que, dentro do prazo fixado, agás os casos de forza maior, non tomen posesión efectiva ou non presenten a documentación acreditativa do cumprimento dos requisitos ou do seu exame se deducise que carecen dalgún deles e que, en consecuencia, non poidan ser nomeadas persoal funcionario».
Por todo isto, este tribunal acorda modificar a relación de persoas aspirantes que superaron o proceso selectivo, por orde das puntuacións obtidas no concurso e con indicación do seu documento nacional de identidade (coas limitacións previstas na normativa en materia de protección de datos de carácter persoal).
Segundo. De conformidade co disposto na base V.2 da convocatoria e de acordo co informe do 9 de outubro de 2024, da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal, sobre a aplicación da tramitación de urxencia aos procesos selectivos de estabilización da Lei 20/2021, conforme o artigo 33.1 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e a disposición adicional sétima da Lei 5/2022, do 21 de decembro, de medidas urxentes para a redución da temporalidade no emprego público da Comunidade Autónoma de Galicia, a nova persoa aspirante que superou o proceso selectivo (número de orde 9) disporá dun prazo de dez (10) días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no DOG, para presentar os documentos previstos na devandita base, no caso de que non fosen presentados ou validados previamente.
Terceiro. Elevar a devandita relación complementaria de persoas aspirantes á persoa titular da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal para que as persoas afectadas sexan propostas para o seu nomeamento como persoal funcionario de carreira.
Cuarto. Contra estes acordos poderase interpor recurso de alzada ante a persoa titular da consellería competente en materia de función pública, nos termos previstos nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
Santiago de Compostela, 2 de xuño de 2026
Ana Belén Díaz Fernández
Presidenta do tribunal
ANEXO I
Relación de persoas aspirantes que superaron o proceso selectivo
Convocatoria: A1 (concurso).
Corpo/categoría: corpo facultativo superior, escala de facultativos, especialidade Medicina (208F).
Prazas acceso libre: 8.
Prazas de acceso base I.1.1: 1.
|
Nº de orde |
DNI/NIE |
Apelidos e nome |
Quenda |
Puntuación |
|
1 |
***5782** |
Domínguez Miranda, Aurora |
Libre |
91,640 |
|
2 |
***4158** |
Núñez Díaz, María Amparo |
Base I,1,1 |
77,175 |
|
3 |
***2978** |
Martínez Lorente, Ana María |
Libre |
75,400 |
|
4 |
***9274** |
Sánchez Landeira, Pedro Antonio |
Libre |
74,000 |
|
5 |
***4995** |
Aldea Míguez, María Victoria |
Libre |
53,625 |
|
6 |
***3834** |
Fernández Fernández, Rosa Elena |
Libre |
39,500 |
|
7 |
***0616** |
Caamaño Mayo, María |
Libre |
34,400 |
|
8 |
***9234** |
Casado Pérez, Patricia |
Libre |
32,680 |
|
9 |
***4038** |
Villar Cabanas, María Alicia |
Libre |
30,915 |
