DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 105 Luns, 8 de xuño de 2026 Páx. 33129

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático

ANUNCIO do 19 de maio de 2026, da Dirección Xeral de Enerxías Renovables e Cambio Climático, polo que se notifica a varias persoas interesadas a declaración de utilidade pública do parque eólico Outes (expediente IN661A 2010/13).

Mediante a Resolución do 24 de marzo de 2026, da Dirección Xeral de Enerxías Renovables e Cambio Climático, outorgouse a declaración de utilidade pública, en concreto, á modificación do proxecto do parque eólico Outes, sito nos concellos de Outes e Negreira (A Coruña) e promovido por Norvento, S.L. (expediente IN661A 2010/13). Esta resolución publicouse no Diario Oficial de Galicia (DOG) núm. 61, do 1 de abril de 2026.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, mediante este anuncio emprázanse as persoas interesadas que figuran no anexo para seren notificadas por comparecencia, por non ter sido posible efectuar a notificación prevista na citada norma.

As persoas interesadas ou os seus representantes legais deberán comparecer no prazo de dez (10) días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado, na sede da Dirección Xeral de Enerxías Renovables e Cambio Climático sita no Edificio Administrativo de San Lázaro, s/n, en Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres. A eficacia deste anuncio queda supeditada á súa publicación no TEU.

Transcorrido o prazo indicado sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Santiago de Compostela, 19 de maio de 2026

Paula Mª Uría Traba
Directora xeral de Enerxías Renovables e Cambio Climático

ANEXO

Relación de persoas interesadas descoñecidas, de domicilio ignorado
ou non notificadas, coa identificación das parcelas afectadas

Acto que se notifica: Resolución do 24 de marzo de 2026, da Dirección Xeral de Enerxías Renovables e Cambio Climático, pola que se outorga a declaración de utilidade pública, en concreto, á modificación do proxecto do parque eólico Outes, sito nos concellos de Outes e Negreira (A Coruña) e promovido por Norvento, S.L. (expediente IN661A 2010/13).

Núm. parcela proxecto

Referencia catastral

Nome e apelidos

129

15063A02700530
15063A02700666
15063A02700667

Guillermo Nieto Barbazán

129

15063A02700530
15063A02700666
15063A02700667

Pilar Nieto Román

129

15063A02700530
15063A02700666
15063A02700667

Manuel Nieto Román

129

15063A02700530
15063A02700666
15063A02700667

Miguel Nieto Román

129

15063A02700530
15063A02700666
15063A02700667

Carlos Nieto Román

143

15063A02700564
15063A02700656
15063A02700657
15063A02700658

Guillermo Nieto Barbazán

143

15063A02700564
15063A02700656
15063A02700657
15063A02700658

Pilar Nieto Román

143

15063A02700564
15063A02700656
15063A02700657
15063A02700658

Manuel Nieto Román

143

15063A02700564
15063A02700656
15063A02700657
15063A02700658

Miguel Nieto Román

143

15063A02700564
15063A02700656
15063A02700657
15063A02700658

Carlos Nieto Román

167

15063A02800149
15057A51300106
15057A51300108

Guillermo Nieto Barbazán

167

15063A02800149
15057A51300106
15057A51300108

Pilar Nieto Román

167

15063A02800149
15057A51300106
15057A51300108

Manuel Nieto Román

167

15063A02800149
15057A51300106
15057A51300108

Miguel Nieto Román

167

15063A02800149
15057A51300106
15057A51300108

Carlos Nieto Román

200

15057A51300128

Patricia Lourido Sanmartín

200

15057A51300128

Antonio Lourido Sanmartín