DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 105 Luns, 8 de xuño de 2026 Páx. 33155

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 14 de maio de 2026, do Departamento Territorial de Pontevedra, pola que se concede a autorización administrativa de peche dunha instalación eléctrica no concello de Poio (expediente IN407A 2026/026-4).

Expediente: IN407A 2026/026-4.

Promotora: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Denominación: Desmontaxe do CT Covelo peirao (36CDD4).

Concello: Poio.

Feitos:

1. O 10.2.2026 a empresa UFD Distribución Electricidad, S.A., solicitou a autorización administrativa de peche da instalación eléctrica denominada Desmontaxe do CT Covelo peirao (36CDD4).

A solicitude inclúe o proxecto de execución asinado polo enxeñeiro técnico industrial Victoriano González Lemos, colexiado 2980 do Colexio Oficial de Enxeñeiros Técnicos Industriais de Vigo, e contén un orzamento total de 9.346,68 euros.

Examinado o proxecto de execución, conclúese que ten como finalidade a retirada do centro de transformación (CT) Covelo peirao (36CDD4) de 250 kVA debido ao fin da súa vida útil, así como dun tramo da rede da liña de media tensión subterránea entre os centros de transformación Covelo, 31 (36CWC5) e Covelo peirao (36CDD4).

2. Este departamento territorial solicitou o preceptivo informe ás distintas administracións, organismos ou, de ser o caso, empresas de servizos de interese xeral afectadas, isto é, o Concello de Poio, Augas de Galicia, a Axencia Galega de Infraestruturas e a Demarcación de Costas del Estado. A empresa promotora manifestou a súa conformidade cos condicionados emitidos por Augas de Galicia e pola Axencia Galega de Infraestruturas.

Os demais organismos non emitiron os condicionados técnicos, entendéndose en consecuencia a súa conformidade coa autorización de construción da dita infraestrutura eléctrica, conforme o disposto no artigo 131 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro; sen prexuízo da autorización que lles corresponda outorgar.

3. O 30.4.2026, os servizos técnicos deste departamento territorial emitiron un informe favorable á autorización administrativa de peche da instalación eléctrica Desmontaxe do CT Covelo peirao (36CDD4).

Consideracións legais e técnicas.

1. O Departamento Territorial de Pontevedra é competente para resolver este expediente con fundamento no Decreto 140/2024, do 20 de maio, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Economía e Industria (DOG nº 101, do 27 de maio), e no Decreto 9/2017, do 12 de xaneiro, polo que se establecen os órganos competentes para a resolución dos procedementos de autorización de instalacións eléctricas que sexan competencia da Comunidade Autónoma de Galicia (DOG nº 22, do 1 de febreiro).

2. A lexislación de aplicación ao presente expediente é:

• Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico.

• Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

• Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público.

• Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia.

• Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica.

• Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, polo que se aproba o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en liñas eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-LAT 01 a 09.

• Real decreto 337/2014, do 9 de maio, polo que se aproba o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-RAT 01 a 23.

3. As características técnicas da instalación son as que a seguir se describen:

– Desmontaxe da liña de media tensión subterránea a 20 kV con condutor RHZ1-2OL 12/20 kV 3(1×240) mm² Al e RHZ1-2OL 12/20 kV 3(1×150) mm² Al de 230 metros de lonxitude, coa orixe no CT Covelo, 31 (36CWC5) e final na cela de liña existente no CT que se vai desmontar Covelo peirao (36CDD4).

– Retirada do centro de transformación Covelo peirao (36CDD4) de 250 kVA de tipo non prefabricado compacto manobra exterior 2L+1P, con relación 20.000/400 V, emprazado nun local acondicionado para tal fin no edificio de almacéns no número 30 da avenida Covelo.

– A instalación está situada no lugar do Covelo, no concello de Poio (Pontevedra).

Conforme o indicado,

Resolvo:

Outorgar á empresa UFD Distribución Electricidad, S.A., a autorización administrativa de peche da instalación eléctrica denominada Desmontaxe do CT Covelo peirao (36CDD4), expediente IN407A 2026/026-4.

Esta autorización outórgase sen prexuízo de terceiros e independentemente das autorizacións, licenzas ou permisos de competencia municipal, provincial ou outros necesarios para a realización das obras da instalación autorizada de acordo coas seguintes condicións:

1. As características da desmontaxe da instalación axustaranse en todas as súas partes ás que figuran no proxecto de execución, ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e aos condicionados técnicos impostos polas administracións públicas, organismos ou empresas que presten servizos públicos ou de interese económico xeral, no relativo aos bens e dereitos da súa propiedade que se atopen afectados pola instalación.

2. A empresa promotora asegurará o mantemento e a vixilancia correcta das instalacións durante o desmantelamento, co fin de garantir que en todo momento se manterán as condicións regulamentarias de seguridade.

3. En todo caso, terase en conta o disposto no Regulamento (UE) 2024/573 do Parlamento Europeo e do Consello, do 7 de febreiro, sobre os gases fluorados de efecto invernadoiro, polo que se modifica a Directiva (UE) 2019/1937 e se derroga o Regulamento (UE) 517/2014 (DOUE nº 573, do 20 de febreiro), para o desmantelamento da aparellaxe eléctrica.

4. O prazo para o desmantelamento das instalacións que se autoriza será de doce meses, contados a partir da data da última autorización administrativa necesaria para a desmontaxe.

5. Unha vez efectuada a desmontaxe das instalacións deberá comunicala a este departamento territorial para emitir a acta de peche.

6. Transcorrido o prazo de doce meses sen comunicar a desmontaxe da instalación producirase a caducidade desta resolución, de conformidade co disposto no artigo 138 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro.

Contra esta resolución, que non é definitiva en vía administrativa, poderase interpoñer recurso de alzada ante a conselleira de Economía e Industria da Xunta de Galicia, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa notificación ou publicación, de acordo co disposto nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, sen prexuízo de que os interesados poidan interpoñer calquera outro recurso que consideren pertinente.

Pontevedra, 14 de maio de 2026

Beatriz López del Olmo
Directora territorial de Pontevedra