A Fundación Deporte Galego, tendo en conta que nos seus fins recolle o fomento da actividade física e do deporte base e de alta competición en Galicia, pon en marcha o Plan de patrocinio dos equipos de alta competición deportiva profesional de Galicia 2026.
A fundación remitiralle un correo electrónico á entidade obxecto de patrocinio para convidala para a presentación da solicitude de patrocinio xunto cun texto do plan de patrocinio.
A entidade convidada para tomar parte no procedemento DE400B presentará a solicitude obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado (anexo I) dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal
De conformidade co artigo 68.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude presencialmente, requirirase para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos considérase como data de presentación da solicitude aquela en que fose realizada a emenda.
Para a presentación electrónica poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365), e habilitarase un enlace na Guía de procedementos e servizos co código DE400B.
O prazo máximo para a presentación das solicitudes será de sete días naturais contados desde a propia data de recepción da invitación. A presentación das proposicións por unha vía diferente á sinalada será causa de rexeitamento ou exclusión.
As bases poderanse consultar na ligazón https://deporte.xunta.gal/gl/convocatorias/plan-patrocinio-equipos-alta-competicion-deportiva-profesional-de-galicia-2026
Teléfono: 881 99 63 77.
Santiago de Compostela, 26 de maio de 2026
Roberto García Fernández
Presidente da Fundación Deporte Galego
