O Pleno da Corporación, na sesión ordinaria do 29 de abril de 2026, acordou aprobar definitivamente o Plan especial de infraestruturas e dotacións SXS1 do centro de saúde da Ramallosa, de abril de 2026 (rexistro de entrada núm. 202699900001280, do 17.4.2026, e núm. 1472, do 20.4.2026), promovido de oficio polo Concello de Teo e redactado por Abtemas, S.L., dando por extinguida a suspensión do procedemento de outorgamento de licenzas de parcelación de terreos, edificación e demolición no ámbito do citado plan especial, de conformidade cos artigos 47.2 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia (LSG), e 86.2 do Decreto 143/2016, do 22 de setembro, polo que se aproba o regulamento da citada lei (RLSG).
De conformidade cos artigos 82.2 da LSG e 199.2 do RLSG, indícase que as medidas adoptadas para o seguimento dos efectos no medio ambiente da aplicación do plan aparecen recolleitas no documento ambiental estratéxico incorporado no plan especial.
De acordo cos artigos 82.2 da LSG e 199.2 do RLSG, así como cos artigos 70.ter da Lei reguladora das bases de réxime local, 87 da LSG, 206 do RLSG e 25.4 do texto refundido da Lei de solo e rehabilitación urbana, o acordo plenario polo que se aproba definitivamente o plan especial, así como o texto do citado plan aprobado definitivamente, atópanse dispoñibles na sede electrónica do Concello de Teo:
https://sede.teo.gal/sxc/gl/informacion/tablon/2026/ANUNCIO_PROG_20260508133027697.html
Contra o citado acordo, que pon fin á vía administrativa e que aproba unha disposición de carácter xeral, poderase interpor recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao desta publicación, de acordo co disposto nos artigos 84.1 da LSG, 201.1 do RLSG, 112.3 da Lei do procedemento administrativo común das administracións públicas e 10 e 46.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, sen prexuízo de que se poida interpor calquera outro recurso que se considere procedente.
Teo, 11 de maio de 2026
Lucía Calvo de la Uz
Alcaldesa
