Urbanismo.
Expediente X1457/2025.
O Pleno do Concello de Poio, en sesión do 30 de setembro de 2025, adoptou o acordo 5407 polo que se acorda:
Primeiro. Prestar aprobación inicial ao proxecto de modificación puntual do Plan xeral de ordenación municipal (PXOM) para descatalogación do ben 129, incluído no catálogo do PXOM e á súa tramitación por razóns de interese público e segundo as canles legais e procesuais oportunas previstas na lexislación vixente de ordenación do territorio.
Segundo. Facultar o alcalde para solicitar ao órgano ambiental da Consellería de Medio Ambiente, o informe previo a que se refire o artigo 17 da Lei 1/2019, para que se pronuncie, no prazo máximo dun mes, sobre a necesidade da tramitación da avaliación ambiental, e que, no caso de que non se emita o informe no devandito prazo, considerarase que non é necesaria a tramitación ambiental.
Terceiro. Someter o documento a información pública durante un prazo de dous meses, mediante anuncio que se publicará no Diario Oficial de Galicia e nun dos xornais de maior difusión da provincia. A documentación sometida a información pública abranguerá todos os documentos integrantes do expediente tramitado, incluídos un resumo executivo, o estudo ambiental estratéxico e un resumo non técnico do estudo ambiental estratéxico.
Polo que, de acordo co disposto no artigo 60.6 da Lei 2/2016, sométese a información pública o expediente, mediante anuncios que se publicarán no Diario Oficial de Galicia e no Diario de Pontevedra, polo prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte ao da publicación do anuncio no Diario Oficial de Galicia, co obxecto de que se poidan formular as alegacións que se consideren procedentes.
O documento poderase consultar nas dependencias do Servizo de Urbanismo, na Casa do Concello de Poio, en días laborables, das 9.00 ás 13.00 horas e previa cita. Tamén se poderá consultar na sede electrónica do Concello.
Poio, 6 de maio de 2026
Ángel Moldes Martínez
Alcalde
