De conformidade co disposto no artigo 22.3 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, intentada a notificación postal á seguinte persoa, sen que esta se puidese levar a cabo (devolta por Correos, concepto: non retirado), comunícaselle á persoa responsable a súa obriga legal de xestión da biomasa, e retirada de especies arbóreas prohibidas nas parcelas que se describen, imposta polo artigo 22.1 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia:
|
Expediente |
Data do informe de inspección |
Referencia catastral |
Polígono/parcela |
Persoa propietaria |
|
2026/X999/000237 |
15.4.2026 |
15061A501025350000ME |
501/2535 |
Herdeiros de Antonio Moure Otero |
1º. En virtude do que antecede, comunícaselle que no informe de inspección de referencia se comprobou que na referida parcela se incumpre o establecido no artigo 21 da Lei 3/2007. Polo tanto, dispón dun prazo máximo de quince (15) días naturais para o cumprimento voluntario e para xestionar a biomasa na parcela citada, que se iniciará o día seguinte ao da recepción desta notificación.
2º. En caso de persistencia no incumprimento, transcorrido o prazo, poderanse impoñer multas coercitivas reiteradas cada tres (3) meses, cuxa contía será de 900,00 euros por hectáreas de superficie de parcela non xestionada, ou a parte proporcional se a área for inferior, mentres persista o incumprimento, ou ben poderase proceder á execución subsidiaria a través da realización por parte da Administración, das actuacións materiais necesarias, con repercusión dos custos de xestión da biomasa e, de ser o caso, o comiso das especies arbóreas prohibidas retiradas por parte da Administración, nas condicións establecidas neste aspecto.
En todo caso, a contía mínima que se vai impoñer por multa coercitiva será de 100,00 euros con independencia das hectáreas que integren a superficie da parcela non xestionada, nas condicións establecidas no artigo 22.2 da dita Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, sen prexuízo da instrución do procedemento sancionador que corresponda.
3º. No caso de proceder á execución subsidiaria, o inicio das actuacións materiais necesarias por parte da Administración poderase verificar en calquera momento transcorrido o prazo máximo concedido, dentro dos catro anos posteriores, atendidas as súas posibilidades materiais e orzamentarias de actuación, sempre que se manteña o incumprimento.
Oroso, 14 de maio de 2026
Alexánder Doval Expósito
Alcalde
