DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 105 Luns, 8 de xuño de 2026 Páx. 33201

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Oleiros

ANUNCIO da aprobación inicial do expediente 2026/PLANEAM/000004-FG número 763.

Mediante Resolución da Alcaldía número 2026002923, do 26 de maio de 2026, acordouse aprobar inicialmente a modificación do Estudo de detalle da parcela C do Plan parcial SUD-5 Icaria IV (documento NRE 2026010534, do 15 de maio).

De conformidade co artigo 194 do Regulamento da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, aprobado polo Decreto 143/2016, do 22 de setembro, o expediente estará exposto na páxina web do Concello (www.oleiros.org), na sección de urbanismo, trámites de información pública, polo prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación do presente anuncio no Diario Oficial de Galicia, para a presentación das alegacións que se consideren oportunas.

Oleiros, 2 de xuño de 2026

Ángel García Seoane
Alcalde presidente