DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 105 Luns, 8 de xuño de 2026 Páx. 33200

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Lousame

ANUNCIO da convocatoria e bases do proceso de cobertura dunha praza de auxiliar administrativo/a.

No Boletín Oficial da provincia da Coruña núm. 102, do 2 de xuño de 2026, publícanse integramente a convocatoria e as bases que han rexer a cobertura da praza de funcionario/a de carreira pertencente ao grupo C, subgrupo C2, encadrada na escala da Administración xeral, subescala de auxiliar administrativo/a.

O prazo para a presentación de instancias será de vinte (20) días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial del Estado.

Lousame, 2 de xuño de 2026

Esteban Ares García
Alcalde