No Boletín Oficial da provincia de Pontevedra número 82, do 4 de maio de 2026, foron publicadas integramente as bases que van rexer a convocatoria para cubrir en propiedade, como persoal laboral fixo, unha praza de conserxe no CEIP de Oca (código 07.06.00.05 na RPT) pertencente ao grupo V, vacante no cadro de persoal laboral deste concello.
O prazo de presentación de solicitudes será de vinte (20) días hábiles contados desde o día seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial del Estado. Os sucesivos anuncios referentes a esta convocatoria faranse públicos na forma prevista nas propias bases.
A Estrada, 6 de maio de 2026
Gonzalo Louzao Dono
Alcalde
