O Concello de Arteixo aprobou a Resolución núm. 994/2026, do 21 de abril, referente á convocatoria e bases do proceso de provisión, polo procedemento de libre designación, do posto de xefatura de seguridade cidadá do Concello de Arteixo.
No Boletín Oficial da provincia da Coruña número 77, do 27 de abril de 2026, aparecen publicadas integramente as bases que van rexer a dita convocatoria.
As instancias para solicitar a participación no correspondente proceso selectivo presentaranse na forma prevista nas mencionadas bases no Rexistro Xeral do Concello, dirixidas ao alcalde presidente da corporación, no prazo de quince (15) días hábiles contados a partir do seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial del Estado.
Os sucesivos anuncios relacionados con esta praza publicaranse no Boletín Oficial da provincia da Coruña e mais no taboleiro de edictos do Concello de Arteixo (A Coruña).
Arteixo, 30 de abril de 2026
Carlos Calvelo Martínez
Alcalde presidente
