No Boletín Oficial da provincia de Lugo número 100, do 5 de maio de 2026, foron publicadas integramente as bases que van regular a convocatoria para prover, por quenda libre, unha praza de técnico superior de Arquitectura, pertencente ao persoal funcionario de carreira, escala de Administración especial, subescala técnica superior grupo A1, a través do proceso selectivo de oposición.
O prazo de presentación de solicitudes será de vinte (20) días hábiles, contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.
Os sucesivos anuncios referentes a esta convocatoria, cando cumpra, de conformidade coas bases, faranse públicos na forma prevista nas propias bases da convocatoria.
Castroverde, 8 de maio de 2026
Xosé Mª Arias Fernández
Alcalde
