No Tribunal de Instancia, Sección do Contencioso-Administrativo, praza número 2 da Coruña, tramítase o recurso 110/2026 (procedemento ordinario), interposto por Francisco Regueiro Mira contra a Resolución do 16 de outubro de 2025, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se publica a relación definitiva de admitidos/as e excluídos/as e a resolución provisional do ciclo de adxudicación correspondente ao ano 2025 do concurso de traslados aberto e permanente para a provisión de prazas básicas de persoal estatutario sanitario e de xestión e servizos (DOG núm. 205, do 23 de outubro). (Categoría: médico asistencial 061).
O que se notifica para xeral coñecemento de todas as persoas interesadas no procedemento, que son emprazadas para que poidan comparecer no tribunal como demandadas no prazo de nove días, de conformidade co previsto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.
Santiago de Compostela, 25 de maio de 2026
María del Mar Pousa Cobas
Directora xeral de Recursos Humanos
