DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 106 Martes, 9 de xuño de 2026 Páx. 33419

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Arteixo

ANUNCIO de aprobación do proxecto de execución da obra denominada Mellora da seguridade viaria e acondicionamento da estrada DP-0511 en Ervedíns-Loureda e inicio do expediente expropiatorio, polo procedemento de taxación conxunta, para a obtención dos terreos afectados polas obras.

Expediente: 2026/U040/000002.

De conformidade co disposto no artigo 118 da Lei do solo de Galicia, comunícase que con data do 21 de maio de 2026, mediante a Resolución da Alcaldía número 1328/2026, foi aprobado inicialmente o proxecto de Mellora da seguridade viaria e acondicionamento da estrada DP-0511 en Ervedíns-Loureda e o inicio do expediente expropiatorio para a obtención dos bens e dereitos afectados pola devandita obra.

Así mesmo, consonte a devandita resolución, procede someter a información pública polo período dun mes o referido proxecto de expropiación, mediante a inserción de anuncios no Diario Oficial de Galicia e nun xornal de maior circulación da provincia, así como á notificación individualizada con traslado literal das follas de valoración e da proposta de fixación dos criterios de valoración a todos os que aparezan como titulares de bens e dereitos no expediente, para que poidan formular cantas alegacións e reclamacións consideren oportunas tanto con respecto ao expediente expropiatorio como á fixación do prezo xusto por idéntico prazo dun mes.

A relación de bens e dereitos afectados é a seguinte:

Ref. catastral

Titularidade

Sp. total
(m²)

Exprop. def. (m²)

2

15005A047000700000PM

Ferro Bermúdez, María Carmen

206

31

3

15005A047000690000PK

Ferro Bermúdez, María Carmen

255

35

5

15005A047000680000PO

García Fernández, María Lourdes

475

23

6

15005A047000670000PM

García Fernández, María Lourdes

Leis Agrafojo, Rafael (herdeiros de)

464

30

7

15005A04700064

Boedo Barros, José Manuel

Boedo Barros, José Ramón

Boedo Barros, María del Carmen

1.008

10

8

15005A047000660000PF

Boedo Barros, José Manuel

112

12

9

001702500NH49C

Amado Pombo, María del Carmen

5.247

73

11

15005A060003480000PM

En investigación

131

32

12

15005A060000620000PF

Castro Barreiro, Manuel (herdeiros de)

843

100

13

15005A060003720001AZ

Concello de Arteixo

155

27

14

15005A047000060000PR

Pan Rodríguez, Carmen

492

52

Durante o devandito prazo as persoas interesadas poderán examinar os seus contidos, na sede electrónica do Concello de Arteixo e, presencialmente, nas dependencias municipais do Concello de Arteixo, sitas na travesía de Arteixo, nº 249, 3º andar, de luns a venres, das 9.00 ás 14.00 horas, co fin de que poidan alegar e presentar os documentos e xustificacións que xulguen pertinentes.

Ante a eventualidade de que poidan existir interesados descoñecidos neste procedemento, se ignore o lugar da notificación, ou ben intentada esta non se puidese efectuar, sirva a presente de notificación co alcance e coa finalidade previstos no artigo 44 da Lei 39/2015, do procedemento administrativo común das administración públicas, sen prexuízo da preceptiva publicación no BOE.

Arteixo, 22 de maio de 2026

O alcalde
P.D. (Decreto 1243/2025, do 8 de maio)
José Antonio Calvelo Añón
Concelleiro delegado de Medio Urbano e Medio Rural