DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 106 Martes, 9 de xuño de 2026 Páx. 33421

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Arteixo

ANUNCIO de aprobación do proxecto de execución da obra denominada Mellora de accesibilidade na DP-0511 (O Foxo-Ervedíns) e inicio do expediente expropiatorio, polo procedemento de taxación conxunta, para a obtención dos terreos afectados polas obras.

Expediente: 2026/U040/000005.

De conformidade co disposto no artigo 118 da Lei do solo de Galicia, comunícase que con data do 21 de maio de abril de 2026, mediante a Resolución da Alcaldía número 1329/2026, foi aprobado inicialmente o proxecto de Mellora da accesibilidade na DP-0511 (O Foxo-Ervedíns) e o inicio do expediente expropiatorio para a obtención dos bens e dereitos afectados pola devandita obra.

Así mesmo, consonte a devandita resolución procede someter a información pública polo período dun mes o referido proxecto de expropiación, mediante a inserción de anuncios no Diario Oficial de Galicia e nun xornal de maior circulación da provincia, así como á notificación individualizada con traslado literal das follas de valoración e da proposta de fixación dos criterios de valoración a todos os que aparezan como titulares de bens e dereitos no expediente, para que poidan formular cantas alegacións e reclamacións consideren oportunas tanto con respecto ao expediente expropiatorio como á fixación do prezo xusto por idéntico prazo dun mes.

A relación de bens e dereitos afectados é a seguinte:

Ref. catastral

Titular

Sp. total
(m²)

Exprop. def.
(m²)

1

15005A044005880000PK

Cedeira Mañana, Carmen

891

29

2

15005A081000690000PE

Vázquez Blanco, José (herdeiros de)

575

13

4

15005A081001540000PF

Fernández Tomé, José Antonio

Rodríguez Santos, Mónica María

2.074

12

5

15005A081001620000PD

Novo Naya, Miguel

Naya Vázquez, José Ramón

1.887

4

6

15005A081001000000PI

Novo Naya, Miguel

Naya Vázquez, José Ramón

3.917

7

7

15005A044003360000PX

Cedeira Mañana, María Luisa

Cancela Cedeira, José Manuel

2.744

14

9

15005A044003350000PD

Vázquez Blanco, José hros.

2.518

8

10

15005A044006460000PT

Pombo Naya, Antonio

Pombo Naya, Carmen

239

40

11

15005A081001590000PD

Piña Aldao, Jesús

2.789

47

12

15005A044007350000PY

Rodríguez Regueira, José María (Np) Rodríguez Varela, Primitivo (U)

4.039

177

13

15005A081000800000PW

Piña Aldao, Jesús

1.716

91

14

15005A081000810000PA

Mallo Mallo, Manuel

Rego Collazo, Sandra

Rego Collazo, Sonia

Rego Collazo, Bernardo

1.520

87

15

15005A081000820000PB

Abeleira, Francisco

1.149

65

16

15005A081000790000PB

Piña Barros, Rogelio

3.550

103

17

15005A044003330000PK

Rodríguez Varela, Primitivo

Rodríguez Regueira, María del Carmen

3.092

113

18

001105100NH49C0001BF

Martínez Blanco, Leonor

587

5

20

15005A044006050000PB

Vázquez Carril, Amalia

2.618

104

21

15005A081000920000PF

En investigación

303

98

22

15005A081000930000PM

Esmorís Suárez, Sara –

Fernández López, Manuel (herdeiros de)

543

3

Durante o devandito prazo as persoas interesadas poderán examinar os seus contidos, na sede electrónica do Concello de Arteixo e, presencialmente, nas dependencias municipais do Concello de Arteixo, sitas na travesía de Arteixo, nº 249, 3º andar, de luns a venres, das 9.00 ás 14.00 horas, co fin de que poidan alegar e presentar os documentos e xustificacións que xulguen pertinentes.

Ante a eventualidade de que poidan existir interesados descoñecidos neste procedemento, se ignore o lugar da notificación, ou ben intentada esta non se puido efectuar, sirva a presente de notificación co alcance e coa finalidade previstos no artigo 44 da Lei 39/2015, do procedemento administrativo común das administracións públicas, sen prexuízo da preceptiva publicación no BOE.

Arteixo, 22 de maio de 2026

O alcalde
P.D. (Decreto 1243/2025, do 8 de maio)
José Antonio Calvelo Añón
Concelleiro delegado de Medio Urbano e Medio Rural