DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 106 Martes, 9 de xuño de 2026 Páx. 33423

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Bergondo

ANUNCIO da aprobación inicial do Estudo de detalle para o reaxuste de aliñacións e rasantes e ordenación de volumes na parcela comercial do polígono industrial de Bergondo con NIC 9262902NH5996S0001ID (expediente 2025/U051/000002).

A Xunta de Goberno Local, en sesión ordinaria do 14 de maio de 2026, aprobou inicialmente o Estudo de detalle para o reaxuste de aliñacións e rasantes e ordenación de volumes na parcela comercial do polígono industrial de Bergondo con NIC 9262902NH5996S0001ID, redactado polo arquitecto Jesús Fernández Carballal, promovido por Soos Global Machine Solutions, S.L.

En cumprimento do disposto no artigo 80.2 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, e nos artigos 194.2 e 207 do seu regulamento, sométese o expediente a información pública polo prazo dun (1) mes contado desde o día seguinte ao da última das publicacións deste anuncio no Diario Oficial de Galicia ou nun dos xornais de maior difusión na provincia, para que calquera persoa poida examinar o estudo de detalle e formular as alegacións que procedan.

O expediente poderá ser consultado mediante ligazón á sede electrónica do Concello de Bergondo (https://sede.bergondo.gal/sxc/gl/informacion/tablon/2026/ANUNCIO_PROG_20260515120006129.html) ou mediante consulta nas oficinas do Departamento de Urbanismo deste concello, de luns a venres, das 9.00 ás 14.00 horas.

Bergondo, 15 de maio de 2026

Alejandra Pérez Máquez
Alcaldesa