DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 106 Martes, 9 de xuño de 2026 Páx. 33386

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 21 de maio de 2026, do Departamento Territorial da Coruña, polo que se empraza a persoa interesada para ser notificada por comparecencia no expediente INC-CO-0006-2026 LSA.

De conformidade co disposto no artigo 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro (BOE do 2 de outubro), do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de intentada a notificación persoal, emprázase a persoa interesada que se sinala no anexo para ser notificada por comparecencia. É tamén de aplicación o artigo 44 desta lei, segundo o cal esta notificación ten que ser feita no Boletín Oficial del Estado (BOE), e a súa data de publicación será a que determina a eficacia do acto notificado.

O acto foi adoptado pola directora territorial.

A comparecencia deberase efectuar no prazo de dez (10) días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, na sede do Servizo Xurídico-Administrativo do Departamento Territorial da Consellería do Medio Rural sita na rúa Vicente Ferrer, nº 2, Edificio Administrativo Monelos, 3º andar, ala sur (A Coruña), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o devandito prazo sen efectuar a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao desta publicación.

A Coruña, 21 de maio de 2026

Mª Nieves Mancebo Santamaría
Directora territorial da Coruña

ANEXO

Expediente: INC-CO-0006-2026 LSA.

DNI da persoa denunciada: 32845219T.

Acto de notificación: acordo de inicio.