De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de ser intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícaselles ás persoas interesadas que se sinalan no anexo deste anuncio o inicio do expediente PSC-CO-0199/2026-PPM e seis máis.
A eficacia do acto queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado, polo que o prazo para presentar alegacións se computará desde esa publicación.
As persoas interesadas poderán comparecer nas oficinas da sede do Departamento Territorial da Consellería do Mar, sitas na rúa Ramón y Cajal, 2, 5º, A Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro do acordo de inicio e constancia de tal coñecemento.
As persoas interesadas dispoñen dun prazo de 15 días para achegar cantas alegacións, documentos ou informacións xulguen pertinentes e, de ser o caso, propoñer proba concretando os medios de que pretendan valerse, segundo o disposto no artigo 64.2.f) da Lei 39/2015, do 1 de outubro.
De non efectuar alegacións sobre o contido do acordo de inicio no prazo previsto no artigo citado, este poderá ser considerado proposta de resolución, cos efectos previstos para esta no artigo 89.2 da Lei 39/2015, do 1 do outubro, de conformidade co establecido no artigo 64.2.f) citado.
A Coruña, 19 de maio de 2026
A directora territorial da Coruña
P.A. (Resolución do 13.5.2024)
Miguel Gómez Losada
Xefe do Servizo de Desenvolvemento Pesqueiro
ANEXO
|
Número de expediente |
DNI/NIF |
Acto que se notifica |
|
PSC-CO-0199/2026-PPM |
33555303M |
Inicio |
|
PSC-CO-0200/2026-V |
47353688T |
Inicio |
|
PSC-CO-0208/2026-V |
58035327W |
Inicio |
|
PSC-CO-0210/2026-V |
47374549T |
Inicio |
|
PSC-CO-0211/2026-V |
54151258N |
Inicio |
|
PSC-CO-0214/2026-V |
58022478X |
Inicio |
|
PSC-CO-0263/2026-V |
79347179P |
Inicio |
