DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 106 Martes, 9 de xuño de 2026 Páx. 33389

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

RESOLUCIÓN do 20 de maio de 2026 pola que se publica o cofinanciamento polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) nun 60 % do gasto elixible, no marco do Plan estratéxico da PAC 2023_2027 (PEPAC) en Galicia, do contrato administrativo do servizo de asistencia técnica á dirección facultativa da obra dun novo ramal de saneamento en Santo Estevo de Budiño. Salceda de Caselas (Pontevedra)-obra con referencia de expediente AUG-2025-0140 e clave do proxecto OH.336.1215 (referencia de expediente AUG-2025-0180).

missing image file

Para os efectos previstos na normativa da Unión Europea reguladora dos fondos europeos en relación coa obriga de información e de publicidade das actuacións cofinanciadas polos ditos fondos, anexo III do Regulamento de execución (UE) núm. 2022/129, da Comisión do 21 de decembro de 2021, polo que se establecen disposicións de aplicación do Regulamento (UE) núm. 2021/2115, dáse publicidade á actuación contratada, de acordo co disposto na Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do sector público, pola que se transpoñen ao ordenamento xurídico español as directivas do Parlamento Europeo e do Consello 2014/23/UE e 2014/24/UE, do 26 de febreiro de 2014, que a continuación se indica por razón do seu cofinanciamento pola Unión Europea:

1. Poder adxudicador:

1.1. Nome: Augas de Galicia, entidade pública empresarial adscrita á Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático da Xunta de Galicia.

1.2. Número de identificación fiscal: Q1500378C.

1.3. Enderezo: praza Camilo Díaz Baliño, 7-9, código postal 15781.

1.4. Localidade: Santiago de Compostela (A Coruña).

1.5. Código NUTS: ES111.

1.6. Correo electrónico: contratacion.epaugasdegalicia@xunta.gal

1.7. Fax: 981 95 74 03.

1.8. Teléfono: 981 95 74 01.

1.9. Enderezo da internet: http://augasdegalicia.xunta.gal/

1.10. Perfil de contratante: http://www.contratosdegalicia.gal/consultaOrganismo.jsp?N=216

Tamén se terá acceso ao perfil de contratante desde a Plataforma de contratos públicos de Galicia https://www.contratosdegalicia.gal, accesible así mesmo no portal web institucional da Xunta de Galicia https://www.xunta.gal e na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal, o portal de transparencia de Galicia https://transparencia.xunta.gal, a plataforma de contratación do sector público https://contrataciondelestado.es por medio de enlaces de interese ás plataformas de contratación das comunidades autónomas e a páxina web https://augasdegalicia.xunta.gal/

2. Tipo de poder adxudicador e principal actividade exercida:

2.1. Tipo de poder adxudicador: entidade pública do sector público autonómico de Galicia.

2.2. Actividade principal exercida: infraestruturas e servizos hidráulicos.

3. Códigos CPV: 71311100-2 (servizos de asistencia en enxeñaría civil).

4. Código NUTS da localización principal do servizo: ES114 Salceda de Caselas (Pontevedra).

5. Descrición do obxecto da licitación: servizo de asistencia técnica á dirección facultativa da obra de novo ramal de saneamento en Santo Estevo de Budiño. Salceda de Caselas (Pontevedra)-obra con referencia de expediente AUG-2025-0140 e clave do proxecto OH.336.1215. Actuación cofinanciada polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) nun 60 % do gasto elixible no marco do Plan estratéxico da PAC 2023_2027 (PEPAC) en Galicia. No resto da parte elixible do gasto da actuación financiarase nun 28 % pola Xunta de Galicia e nun 12 % pola Administración xeral do Estado (Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación). Referencia de expediente: AUG-2025-0180.

6. Tipo de procedemento de adxudicación: aberto, non suxeito a regulación harmonizada e polo trámite ordinario.

7. Orzamento base de licitación: importe neto: 21.447,49 euros. Importe total: 25.951,46 euros.

8. Valor estimado do contrato: 31.009,66 euros. Inclúe o orzamento base de licitación (21.447,49 euros) e a/as posible/s prórroga/s contractual/is ordinaria/s prevista/s (9.562,17 euros).

9. Prazo de execución do contrato: 7 meses. Previsión de prórrogas contractuais ata un máximo de 3 meses.

10. Criterios de adxudicación:

10.1. Adxudicación do contrato: acordouse tomando como base de valoración os criterios de adxudicación obxectivos establecidos no prego de cláusulas administrativas particulares e en aplicación destes seleccionouse a mellor oferta por obter a maior puntuación total como resultado da valoración global das proposicións admitidas.

10.2. Criterios de adxudicación (en orde decrecente por puntuación e por ponderación): a proposición económica (41), a análise do documento técnico da obra (20), a metodoloxía para a execución dos traballos de control de materiais, os equipos e unidades de obra (17), a metodoloxía para a execución dos traballos de elaboración dos informes de inspección da obra e/ou a implantación dos programas de seguimento e control establecidos para a obra (12) e as medidas para o impulso demográfico (10).

11. Data da adxudicación do contrato: 14 de abril de 2026.

12. Número de ofertas recibidas:

12.1. Ofertas totais: 3.

12.2. Ofertas de pequenas ou medianas empresas: 3.

12.3. Ofertas doutros Estados membros da Unión Europea ou de terceiros países: ningunha.

12.4. Ofertas por vía electrónica: si.

13. Data de formalización ou celebración do contrato: 30 de abril de 2026.

14. Empresa contratista:

14.1. Nome da empresa ou, se é o caso, UTE: Ingeniería del Noroeste, S.L.

14.2. NIF: B15128838.

14.3. Enderezo: rúa Picaños, nº 44, baixo, 15702 Santiago de Compostela (A Coruña).

14.4. Código NUTS: ES111.

14.5. Correo electrónico: info@ingenieriadelnoroeste.com

14.6. Fax: 981 57 21 23.

14.7. Teléfono: 609 04 60 21.

14.8. Pequena ou mediana empresa: si.

15. Valor da oferta seleccionada: importe neto: 18.766,00 euros. Importe total: 22.706,86 euros.

16. Información sobre se o contrato está relacionado cun proxecto ou programa financiado con fondos da Unión Europea:

Actuación cofinanciada pola Unión Europea co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) nun 60 % do gasto elixible no marco do Plan estratéxico da política agrícola común 2023_2027 (PEPAC) en Galicia.

A actuación encádrase dentro do PEPAC na Intervención 6872_Investimentos en servizos básicos en zonas rurais; código de intervención Invest (73) Investimentos, incluídos os investimentos en infraestruturas de rega; Subintervención GAL6872_05_Augas. Abastecemento e saneamento; obxectivo específico OE5 Contribuír ao desenvolvemento sustentable e á xestión eficiente de recursos naturais, como a auga, o solo e o aire, cun enfoque particular na redución da dependencia química.

17. Servizo do que se poida obter información sobre o contrato formalizado:

17.1. Nome: contratación de Augas de Galicia.

17.2. Enderezo: praza Camilo Díaz Baliño, 7-9.

17.3. Localidade: Santiago de Compostela (A Coruña).

17.4. Código postal: 15781.

17.5. Correo electrónico: contratacion.epaugasdegalicia@xunta.gal

17.6. Fax: 981 95 74 03.

17.7. Teléfonos: 981 95 74 01.

18. Datos e referencias de publicacións anteriores no Diario Oficial de la Unión Europea relevantes para o contrato: non procede.

19. Información respecto do Acordo sobre contratación pública: contrato cuberto polo Acordo sobre contratación pública.

20. Outras informacións:

Publicidade do anuncio de licitación no perfil de contratante: 4 de novembro de 2025.

Publicidade da adxudicación no perfil de contratante: 17 de abril de 2026.

Publicidade do contrato formalizado co contratista no perfil de contratante: 7 de maio de 2026.

Santiago de Compostela, 20 de maio de 2026

A presidenta de Augas de Galicia
P.D. (Resolución do 30.1.2012; DOG núm. 21, do 31 de xaneiro)
Roi Fernández Añón
Director de Augas de Galicia