En cumprimento do previsto no artigo 142 do Regulamento do dominio público hidráulico, aprobado polo Real decreto 849/1986, do 11 de abril, faise público que se está a tramitar a seguinte solicitude de concesión de augas:
Solicitante: Comunidade de Usuarios da Riña.
Expediente: DH.A36.111483.
Volume total anual: 43.221,77 m3/ano.
Destino: abastecemento.
Orixe: doce (12) mananciais M1 a M12 e tres (3) pozos P1 a P3.
– M1, M9, M10 na parc. 1871, pol. 23 do catastro de Oia.
– M2 a M8, M11, M12, e P1 a P3 na parc. 1164, pol. 22 do catastro de Oia.
Lugar: A Riña.
Parroquia: Oia (Santa María).
Concello: Oia.
Descrición:
A auga dos mananciais condúcese a depósito 195,52 m3 na parcela 1164, polígono 22 do catastro de Oia desde o que se distribúe ás vivendas e locais que abastece a comunidade no lugar da Riña (Oia).
O proxecto pode consultarse na sección de participación pública do portal da internet de Augas de Galicia https://augasdegalicia.xunta.gal e nas oficinas deste servizo territorial, situadas na rúa San Salvador, 2-4º, 36240 Vigo (Pontevedra).
As persoas interesadas poderán presentar alegacións durante o prazo de vinte (20) días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, en calquera dos rexistros previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
Vigo, 29 de outubro de 2025
Susana Pérez González
Xefa do Servizo Territorial da Zona Hidrográfica de Galicia Sur
