DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 106 Martes, 9 de xuño de 2026 Páx. 33336

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes

ANUNCIO do 20 de maio de 2026, do Departamento Territorial de Pontevedra, polo que se notifica á persoa solicitante do dereito de asistencia xurídica gratuíta a resolución da súa solicitude de designación de novo profesional para o seu expediente acordada pola Comisión de Asistencia Xurídica Gratuíta de Pontevedra no expediente PR204A 2022/3042-4.

Consonte o disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), notifícaselle á persoa que se relaciona no anexo a resolución da súa solicitude de dereito á asistencia xurídica gratuíta acordada pola Comisión de Asistencia Xurídica Gratuíta de Pontevedra, ao non ser posible a súa notificación persoal. A eficacia desta resolución queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado.

O texto íntegro da resolución que se notifica, xunto co resto da documentación do expediente, atópase á disposición das persoas interesadas na sede da Comisión de Asistencia Xurídica Gratuíta de Pontevedra (avenida María Victoria Moreno, núm. 43, 9º andar, Pontevedra), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Esta resolución poderá ser impugnada polas persoas que teñan un dereito ou interese lexítimo, no prazo de dez (10) días hábiles que se contarán a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio. A impugnación realizarase por medio da presentación dun escrito dirixido á Comisión de Asistencia Xurídica Gratuíta de Pontevedra (avenida María Victoria Moreno, núm. 43, 9º andar, Pontevedra) e será resolta polo tribunal de instancia correspondente, que poderá impoñer, a quen a promovese de maneira temeraria ou con abuso, unha sanción pecuniaria de 30,00 a 300,00 euros.

Pontevedra, 20 de maio de 2026

Blanca García-Señoráns Álvarez
Directora territorial de Pontevedra

ANEXO

Expediente

DNI/NIF/CIF

Resolución notificada

PR204A 2022/3042-4

35485266S

Denegatoria