DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 106 Martes, 9 de xuño de 2026 Páx. 33328

IV. Oposicións e concursos

Universidade de Vigo

CORRECCIÓN DE ERROS. Resolución do 22 de maio de 2026 pola que se convoca un proceso selectivo de acceso libre e de promoción interna, polo sistema de concurso-oposición, para o ingreso en diferentes escalas e subescalas de persoal técnico, de xestión e de administración e servizos.

Advertido un erro na dita resolución, publicada no Diario Oficial de Galicia número 103, do 4 de xuño de 2026, é necesario facer a seguinte corrección:

Substituír, no anexo III Temarios, epígrafe II. Temarios específicos, o temario da praza co código: 26-1EmEmp. Escala: técnica superior de servizos xerais. Subescala: emprego e emprendemento. Subgrupo A1, polo seguinte:

«ANEXO III

Temario

II. Temarios específicos.

Código: 26-1EmEmp. Escala: técnica superior de servizos xerais. Subescala: emprego e emprendemento. Subgrupo A1.

1. A política de emprego en España: definición e obxectivos. Conceptos básicos. Principios reitores e planificación. Dimensión autonómica e local da política de emprego.

2. O Sistema Nacional de Emprego. Conferencia sectorial de emprego e asuntos laborais. Consello Xeral do Sistema Nacional de Emprego. A estratexia española de apoio activo ao emprego: principios, obxectivos e eixes. Plan anual para o fomento do emprego digno. O Sistema público integrado de información dos servizos de emprego.

3. Lei 3/2023, do 28 de febreiro, de emprego. Axencia Española de Emprego e servizos de emprego das comunidades autónomas. Traspaso de funcións e servizos en materia do traballo, o emprego e a formación ás comunidades autónomas.

4. As políticas activas de emprego. Concepto. Empregabilidade. Intermediación. A coordinación entre as políticas activas e a protección económica fronte ao desemprego. Colectivos de atención prioritaria para a política de emprego.

5. Políticas de igualdade de xénero no ordenamento xurídico español: evolución normativa para a igualdade efectiva entre homes e mulleres. Igualdade entre mulleres e homes no emprego. Conciliación e corresponsabilidade da vida laboral, familiar e persoal.

6. O dereito do traballo. Principios constitucionais. As fontes da relación laboral. O Estatuto dos Traballadores. O contrato de traballo. Concepto. Partes. Capacidade para contratar. Contido. Dereitos e deberes derivados do contrato.

7. Modalidades de contratación. Duración do contrato de traballo. Contrato formativo. Contratos de traballo a tempo parcial e contrato de substitución. Contrato fixo-descontinuo.

8. Sinistralidade laboral e prevención de riscos laborais. O accidente de traballo. Factores psicosociais que inflúen na accidentabilidade. Regulación xurídica da prevención de riscos laborais.

9. A extinción da relación de traballo. Concepto. Clasificación e tipoloxía. O despedimento: concepto e clases. O despedimento disciplinario: causas, procedemento e efectos. O despedimento colectivo. O procedemento de regulación de emprego, intervención dos representantes dos traballadores.

10. O salario: concepto e natureza xurídica. Estrutura salarial: salario base e complementos salariais. Liquidación e pagamento do salario. O salario mínimo interprofesional. O indicador público de renda de efectos múltiples (IPREM).

11. A negociación colectiva e os convenios colectivos: concepto, negociación, contido, adhesión e extensión da súa eficacia. A acción administrativa en materia de conflitividade laboral: mediación, arbitraxe e conciliación.

12. A Seguridade Social na Constitución española. Texto refundido da Lei xeral da Seguridade Social. Estrutura e contido. Campo de aplicación. Réxime xeral e réximes especiais.

13. As prestacións da Seguridade Social: a incapacidade temporal. Concepto, beneficiarios, duración e contía. Nacemento e extinción do dereito. O control da incapacidade temporal. A protección por incapacidade permanente. Graos de incapacidade. Nacemento, duración e extinción. Contía. Compatibilidades e incompatibilidades. Particularidades en caso de accidente de traballo e enfermidade profesional. Cualificación e revisión da incapacidade permanente.

14. A protección por xubilación. Feito causante. Requisitos. Suspensión e extinción da pensión. Compatibilidades e incompatibilidades. Modalidades de xubilación anticipada. Xubilación parcial. Xubilación flexible.

15. A protección por desemprego en España, orixes e evolución do modelo actual. A situación legal de desemprego, concepto e clases. Regulación actual e persoas protexidas. Acción protectora. O nivel contributivo. Requisitos para o nacemento do dereito.

16. A protección por desemprego de nivel asistencial; o subsidio por desemprego: requisitos dos beneficiarios, nacemento do dereito, contía e duración. Renda activa de inserción: obxectivos. Beneficiarios e requisitos. Procedementos e normativa de referencia. Programas e medidas específicas de acción protectora para persoas desempregadas que esgotan as prestacións por desemprego.

17. O sistema de Inspección de Traballo e Seguridade Social. Funcionamento do sistema. Cooperación autonómica. Disposicións xerais de infraccións na orde social. Infraccións e sancións en materia de emprego.

18. Estatísticas oficiais de emprego en España e Galicia. Características xerais. Fontes de datos: Eurostat, INE, IGE. A información estatística sobre o mercado de traballo, fontes e técnicas de análise. Tratamento da información laboral. Indicadores económicos e taxas do mercado de traballo. Estatísticas do mercado de traballo e das relacións laborais, de emprego e de salarios.

19. O mercado de traballo en España e Galicia. Evolución do emprego. Os sectores económicos. Poboación ocupada, poboación asalariada, traballo autónomo. Trazos e características principais da poboación desempregada.

20. A protección de datos persoais: principios. Dereitos da persoa. A Axencia Española de Protección de Datos. Normativa de referencia: regulación xurídica da protección de datos de carácter persoal.

21. O Servizo Público de Emprego de Galicia dentro da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración: organización, estrutura e competencias. A Rede de oficinas de emprego de Galicia.

22. A calidade nos servizos públicos: Lei 1/2015, do 1 de abril, de garantía da calidade dos servizos públicos e da boa administración. Decreto 129/2016, do 15 de setembro, polo que se regula a atención á cidadanía no sector público autonómico de Galicia.

23. Servizos garantidos a persoas demandantes de emprego, compromisos e carteira de servizos. Programas de emprego da Universidade de Vigo.

24. A demanda. Inscrición, concepto e modalidades. Situación administrativa da demanda: causas e accións asociadas. Información da demanda: datos persoais, formativos, profesionais e de dispoñibilidade. Dereitos e obrigacións da persoa demandante de emprego. Demanda de emprego con vocación europea: rede Eures (European Employment Services). Xestión da demanda: Clasificación profesional: ocupación: concepto e clasificación das ocupacións, a CNO. Cara á clasificación ocupacional por competencias: Clasificación europea de capacidades, competencias, cualificacións e ocupacións (ESCO).

25. Os servizos públicos de emprego na regularización laboral da inmigración; inscrición de persoas estranxeiras. Orientación laboral na Universidade de Vigo.

26. A orientación laboral no SPEG. Obxectivos, contido, fundamentos, accións e destinatarios. Normativa reguladora. Modelos de orientación laboral.

27. Protocolos do Servizo de Orientación Profesional (I). Diagnóstico e elaboración do perfil individualizado de usuario. Desenvolvemento da actividade: fases.

28. Protocolos do Servizo de Orientación Profesional (II). Titorización individual. Asesoramento continuado e atención personalizada.

29. Protocolos do Servizo de Orientación Laboral (III). Deseño do itinerario ou plan personalizado adecuado ao seu perfil. Fases e contido. O acordo de actividade.

30. Protocolos do Servizo de Orientación Laboral (IV). Información sobre a situación do mercado de traballo, políticas activas de emprego e servizos comúns. Apoio á xestión da mobilidade laboral.

31. A persoa orientada: aptitudes, capacidades e destrezas. Características de personalidade que inflúen no emprego. O curriculum vitae. A carta de presentación. Obxectivos e estrutura.

32. O proceso de procura de emprego. Fontes de información. A entrevista de selección: obxectivos, fases e aspectos a ter en conta. A autocandidatura. Xacementos de emprego. Fontes de información.

33. O rol do orientador laboral. Competencias e habilidades. Recursos do persoal orientador. Os recursos e ferramentas para a inserción e a orientación. As novas tecnoloxías na orientación laboral.

34. O Sistema Nacional de Cualificacións e Formación Profesional. Normativa reguladora de cualificacións e Formación Profesional. O Catálogo nacional de cualificacións profesionais. A unidade de competencia. O catálogo modular de formación profesional. Os certificados de profesionalidade e os títulos de formación profesional. O Instituto Nacional de Cualificacións e o Instituto Galego de Cualificacións.

35. A avaliación e acreditación de competencias profesionais adquiridas a través da experiencia profesional ou as vías non formais de formación. Normativa reguladora. Natureza e características. Información e orientación. Fases do procedemento. Efectos das acreditacións obtidas. Organización do procedemento. Funcións e requisitos das persoas que participen no procedemento como asesoras e como avaliadoras.

36. A formación profesional para o emprego como política activa de emprego. Oferta formativa para traballadores ocupados e desempregados. Outras iniciativas de formación.

37. Os diferentes programas públicos de emprego en Galicia: programas duais de formación e emprego. Programas integrados de emprego. Programas de cooperación.

38. A intermediación laboral. Concepto. Axentes da intermediación. O servizo público de intermediación laboral. A colocación adecuada. Prácticas non laborais.

39. Axencias de colocación, definición e competencias. As empresas de traballo temporal. A súa regulación actual. O contrato de posta ao dispor e as relacións laborais coa empresa de traballo temporal.

40. A empresa: definición, estrutura, organización e tipoloxía. Formas xurídicas de empresa. Proceso de creación de empresa: estudo de mercado e plan de empresa. O Plan de igualdade da empresa.

41. Apoio ao emprendemento: principais medidas reguladas pola Lei 14/2013, do 27 de setembro, de apoio aos emprendedores e a súa internacionalización. Medidas para emprendedores da Comunidade de Galicia: principais características. Rede de polos de emprendemento e apoio ao emprego.

42. Apoio ao autoemprego: Lei 20/2007, do 11 de xullo, do Estatuto do traballo autónomo. Medidas da Comunidade de Galicia de apoio ao autoemprego: principais características.

43. Apoio á economía social: Lei 5/2011, do 29 de marzo, de economía social. Responsabilidade social das empresas. Lei 6/2016, do 4 de maio, da economía social de Galicia.

44. Emprego e discapacidade: medidas de fomento para a integración laboral das persoas con discapacidade en centros especiais de emprego e a través do traballo autónomo. Obrigacións das empresas en materia de contratación de persoas con discapacidade e medidas alternativas. Incentivos á contratación de persoas con discapacidade.

45. Emprego e inclusión social. As empresas de inserción. A integración sociolaboral das persoas en situación ou risco de exclusión a través das empresas de inserción. O proceso de inserción. Axudas ás empresas de inserción.

46. Servizos garantidos a persoas, empresas e demais entidades empregadoras.

47. Definición da oferta de emprego: análise e descrición de postos de traballo como base do proceso de xestión de ofertas. Elaboración do perfil. Entrevista de recollida de información do posto coa empresa oferente. Oferta de emprego con vocación europea: rede Eures (European Employment Services).

48. Xestión da oferta de emprego. Fases: actuacións preparatorias e desenvolvemento da actividade. As ofertas en difusión. O papel do xestor de oferta.

49. Medidas de fomento da contratación. Modalidades, requisitos e contía das axudas. Beneficiarios. Colectivos prioritarios destinatarios das medidas.

50. Medidas en materia de Seguridade Social e en materia fiscal que fomenten a contratación indefinida e a estabilidade no emprego.

51. As políticas da Xunta de Galicia para o fomento de emprego e da contratación. Tipoloxía de axudas e incentivos. Definición e obxectivos, beneficiarios e requisitos. Procedemento.

52. O tecido empresarial de Galicia. Características e presenza no territorio. Parques tecnolóxicos e industriais de Galicia. A promoción empresarial en Galicia: organismos públicos e privados de apoio á iniciativa empresarial.

53. Os sistemas de prospección do mercado laboral: funcións e metodoloxías de prospección. O Observatorio de Empregabilidade da Universidade de Vigo. A inserción laboral do estudantado universitario. Estudos realizados pola ACSUG.

54. Novos xacementos de emprego: conceptos, ámbitos, obstáculos, iniciativas, novos filóns de ocupación.

55. A rede Eures. Definición. A libre circulación de traballadores. Obxectivos da rede Eures, funcións, evolución e situación actual. Composición. Funcións da Oficina Europea de Coordinación. Actividades de Eures. A rede Eures do Servizo Público de Emprego de Galicia. Eures Transfronteirizo Galicia-Norte de Portugal.

56. Seguimento e avaliación das políticas de emprego. Avaliación do desempeño dos servizos públicos de emprego Evades. Marco de orientación e directrices para a avaliación externa das universidades en materia de empregabilidade e emprendemento.

57. A enquisa como instrumento de investigación social: concepto e fases. O cuestionario: tipos de preguntas. Organización do cuestionario. Os grupos de discusión: concepto, deseño, formación do grupo e funcionamento. Análise e interpretación do discurso do grupo.

58. A mostra: teoría e aplicación. Tamaño da mostra. O nivel de confianza. Tipos de mostraxe e métodos de selección da mostra. A súa utilización no ámbito do mercado de traballo.

59. Sistemas de análises de datos: análise cualitativa e análise cuantitativa. Programas informáticos para a análise de datos: tipos e funcionalidades. Aplicabilidade para interpretar a realidade do mercado laboral.

60. A acreditación de competencias e o sistema de microcredenciais nas universidades.

61. Papel das axencias de colocación nas universidades.

62. Avaliación das universidades en materia de emprego e empregabilidade.

63. Orientación laboral e intermediación universitaria. Oferta e demanda de perfís. Itinerarios de saídas profesionais: conta allea, conta propia, perfís académicos e investigador.

64. O ecosistema emprendedor nas universidades. Os programas da Universidade de Vigo.

65. Xestión da innovación, transferencia do coñecemento e a propiedade intelectual universitaria. Os programas da Universidade de Vigo.

66. Formas xurídicas para a creación dunha iniciativa empresarial universitaria. Spin offs, start-ups, cooperativas de traballo asociado e sociedades laborais.

67. Desenvolvemento de modelos de negocio: definición, obxectivos, estrutura, financiamento.

68. Autoemprego. Asesoramento, subvencións e axudas.

69. A formación dual universitaria: normativa, concepto e características. A súa aplicación na Universidade de Vigo.

70. Real decreto 592/2014, do 11 de xullo, polo que se regulan as prácticas académicas externas dos estudantes universitarios. Regulamento de prácticas externas do alumnado da Universidade de Vigo. Convenios de prácticas. Programa Erasmus Prácticas. Prácticas internacionais curriculares. Programas específicos de prácticas. Inclusión do estudantado universitario en prácticas formativas no sistema da Seguridade Social. Ámbito de aplicación da disposición adicional 52ª do Real decreto lexislativo 8/2015, do 30 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei xeral da Seguridade Social. A normativa específica da Universidade de Vigo».