A Orde do 3 de decembro de 2024, da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático, estableceu as bases e convocou para o ano 2025 as axudas para paliar os danos producidos polo lobo.
Segundo o disposto no seu artigo 22.5, a relación das axudas concedidas publicarase no Diario Oficial de Galicia cando o importe destas, individualmente consideradas, sexa igual ou superior aos 3.000,00 €. Para as de contía inferior, a relación das concedidas e denegadas farase pública a través da páxina web da consellería, nos termos establecidos no artigo 17 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno.
De conformidade co disposto no artigo 15 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, os órganos administrativos concedentes publicarán no Diario Oficial de Galicia as subvencións concedidas con expresión da convocatoria, o programa e crédito orzamentario a que se imputen, beneficiario, cantidade concedida e finalidade ou finalidades da subvención.
De acordo co anterior,
RESOLVO:
1. Facer pública na páxina web da consellería as axudas de contía inferior aos 3.000 € así como as denegadas, cuxo enlace é:
https://cmatv.xunta.gal/seccion-tema/c/CMAOT_Conservacion?content=Direccion_Xeral_Conservacion_Natureza/Biodiversidade/seccion.html&std=infolobo_galicia.html&sub=publicacions_biodiversidade/
2. Facer pública a aprobación das axudas de contía superior aos 3.000 € que se relacionan como anexo a esta resolución, axustándose aos principios de publicidade, concorrencia, obxectividade, transparencia, igualdade e non discriminación, para as que a directora xeral de Patrimonio Natural da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático no desenvolvemento das súas funcións, delegadas nas bases reguladoras destas axudas, formulou resolución de concesión:
a) Norma reguladora da convocatoria: Orde do 3 de decembro de 2024 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para paliar os danos producidos polo lobo e se convocan para o ano 2025.
b) Aplicación orzamentaria: 06.03.541B.470.1.
c) Finalidade da axuda: compensación polos danos ocasionados polos ataques do lobo ás reses das explotacións gandeiras.
Ocúltase parcialmente o número do documento nacional de identidade para preservar os datos de carácter persoal de acordo coa disposición adicional sétima da Lei orgánica 3/2018, do 5 de decembro, de protección de datos persoais e garantía dos dereitos dixitais.
Santiago de Compostela, 27 de maio de 2026
Marisol Díaz Mouteira
Directora xeral de Patrimonio Natural
ANEXO
|
Expediente |
NIF/CIF |
Nome do/da beneficiario/a |
Importe (€) |
Data de |
|
CO/2025/0006 |
****101** |
Casa Raña SAT nº 1037 Xuga |
4.520,23 € |
9.4.2025 |
|
CO/2025/0007 |
****980** |
A Granxa de Vázquez, S.C. |
4.520,23 € |
9.4.2025 |
|
CO/2025/0015 |
****374** |
Ganadería Fariña de Grixoa, S.C. |
4.520,23 € |
9.4.2025 |
|
CO/2025/0016 |
****101** |
Casa Raña SAT nº 1037 Xuga |
4.520,23 € |
9.4.2025 |
|
CO/2025/0021 |
****276** |
Granxa Rocha, S.L. |
4.773,91 € |
16.4.2025 |
|
CO/2025/0029 |
***344*** |
Montero Lortes, Alberto |
4.520,23 € |
16.4.2025 |
|
CO/2025/0050 |
****980** |
A Granxa de Vázquez, S.C. |
4.658,94 € |
24.4.2025 |
|
CO/2025/0065 |
****101** |
Casa Raña SAT nº 1037 Xuga |
4.520,23 € |
22.5.2025 |
|
CO/2025/0081 |
****991** |
Gandaría Carro, S.C. |
4.520,23 € |
21.6.2025 |
|
CO/2025/0101 |
****374** |
Ganadería Fariña de Grixoa, S.C. |
4.561,14 € |
24.7.2025 |
|
CO/2025/0185 |
****101** |
Casa Raña SAT nº 1037 Xuga |
4.520,23 € |
30.10.2025 |
|
CO/2025/0269 |
****101** |
Casa Raña SAT nº 1037 Xuga |
4.520,23 € |
27.11.2025 |
|
CO/2025/0358 |
****267** |
Gandeiría Curras, S.C. |
4.520,23 € |
7.2.2026 |
|
LU/2025/0007 |
***421*** |
Rivas Calaza, Martín |
7.167,08 € |
13.3.2025 |
|
LU/2025/0011 |
****637** |
Ganadería Campo, S.C. |
3.380,52 € |
13.3.2025 |
|
LU/2025/0029 |
***488*** |
Gil Río, Mª Sandra |
3.074,50 € |
13.3.2025 |
|
LU/2025/0083 |
***130*** |
Quiñoá Rodríguez, Efren |
3.380,52 € |
19.3.2025 |
|
LU/2025/0103 |
***490*** |
Rodríguez Martínez, Yovani |
6.316,19 € |
19.3.2025 |
|
LU/2025/0120 |
***073*** |
Pernas Pardo, Generoso |
3.060,41 € |
4.4.2025 |
|
LU/2025/0542 |
****756** |
Abraira, S.C. |
3.380,52 € |
6.8.2025 |
|
LU/2025/0726 |
***267*** |
Naveira Díaz, Mª Luisa |
7.422,22 € |
31.10.2025 |
|
OU/2025/0303 |
****239** |
CMVMC de Lucenza |
5.040,75 € |
19.11.2025 |
|
PO/2025/0007 |
****199** |
Gandeiría Bernárdez Vilar, S.C. |
3.380,52 € |
12.5.2025 |
|
PO/2025/0021 |
***154*** |
Diéguez Diegue, María Jesús |
4.520,23 € |
4.9.2025 |
|
PO/2025/0070 |
***030*** |
Sobrado Deza,Tamara |
3.380,52 € |
26.11.2025 |
