DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 106 Martes, 9 de xuño de 2026 Páx. 33227

III. Outras disposicións

Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

ORDE do 29 de maio de 2026 pola que se modifica a autorización, por cambio de titularidade, do Centro Privado Plurilingüe San José de la Guía, de Vigo.

Mediante escritura pública notarial, a Congregación de Religiosas Siervas de San José, titular do Centro Privado (CPR) Plurilingüe San José de la Guía, de Vigo, cede a súa titularidade a favor da Fundación Arenales.

De conformidade coa solicitude de cambio de titularidade formulada, e logo da tramitación do expediente de acordo co establecido no Decreto 133/1995, do 10 de maio, sobre autorización de centros docentes privados para impartir ensinanzas de réxime xeral non universitarias, así como coa Orde do 20 de setembro de 1995 que o desenvolve, por proposta da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos,

DISPOÑO:

Artigo 1. Cambio de titularidade

Autorizar a modificación da autorización por cambio de titularidade do CPR Plurilingüe San José de la Guía, de Vigo, con código do centro 36011361, a favor da Fundación Arenales, con efectos do día 1 de setembro de 2026.

O cambio de titularidade non afectará o réxime de funcionamento do centro.

Artigo 2. Inscrición no Rexistro de Centros

Esta orde dará lugar á correspondente inscrición no Rexistro de Centros da Comunidade Autónoma de Galicia.

Artigo 3. Modificación da autorización

O centro queda obrigado ao cumprimento da normativa vixente e a solicitar a oportuna revisión cando se teña que modificar calquera dos datos que se sinalan nesta orde.

Disposición derradeira primeira. Recursos

Contra a presente orde, que esgota a vía administrativa, as persoas interesadas poderán formular recurso potestativo de reposición ante esta consellería no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou ben, directamente, recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses desde a mesma data ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Disposición derradeira segunda. Entrada en vigor

Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 29 de maio de 2026

Román Rodríguez González
Conselleiro de Educación, Ciencia,
Universidades e Formación Profesional