A Orde da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional, do 25 de maio de 2026, pola que se establecen as bases reguladoras e se convocan os premios extraordinarios de bacharelato correspondentes ao curso 2025/26 (Diario Oficial de Galicia núm. 100, do 1 de xuño), establece no seu artigo 10 que para elaborar, supervisar e avaliar a proba PEB, a persoa titular da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa designará un tribunal composto por unha presidenta ou un presidente, e ata un máximo de seis vogais, coa categoría de subdirectora xeral ou subdirector xeral, xefa/e de servizo ou inspectoras e inspectores de educación.
De conformidade co establecido no citado artigo 10 e na disposición derradeira segunda da citada orde do 25 de maio de 2026, esta dirección xeral
RESOLVE:
Designar os membros do tribunal que deberán elaborar, supervisar e avaliar a proba PEB para a concesión dos premios extraordinarios de bacharelato correspondentes ao curso 2025/26 e facer pública a súa composición, que é a que figura no anexo desta resolución.
Esta resolución entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.
Santiago de Compostela, 1 de xuño de 2026
Judith Fernández Novoa
Directora xeral de Ordenación e Innovación Educativa
ANEXO
Tribunal
– Titulares:
Presidente: Manuel Enrique Prado Cueva, subdirector xeral de Inspección e Avaliación do Sistema Educativo.
Vogais:
María Concepción Aramburu Sánchez, inspectora de Educación.
Juan Antonio Granados Loureda, inspector de Educación.
Belén Pérez Aldaríz, inspectora de Educación.
Eva María Muñíz Álvarez, inspectora de Educación.
Pedro Alberto Areal Alonso, inspector de Educación.
Román Latas Calvo, inspector de Educación.
– Suplentes:
Presidente: Paula María Carnicero Carrera, subdirectora xeral de Ordenación, Inclusión e Innovación Educativa.
Vogais:
Juan Carlos Varela Vázquez, inspector de Educación.
José Ignacio Vila Alonso, inspector de Educación.
Faustino Martín González, inspector de Educación.
María Teresa Vázquez Montes, inspectora de Educación.
Marina Couñago Enríquez, inspectora de Educación.
María Antonia González Comesaña, inspectora de Educación.
