De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administración públicas, por medio deste anuncio, que se publicará no Boletín Oficial del Estado, emprázase a persoa citada no anexo para proceder á notificación da resolución ditada no expediente instruído que se indica no propio anexo, de conformidade co disposto no artigo 172 e seguintes do Código civil e na demais normativa de aplicación, por non ser posible a notificación no último domicilio que consta no referido expediente, tramitado neste Departamento Territorial de Vigo.
Para o coñecemento íntegro da resolución, a persoa interesada, por si ou a través da persoa que legalmente a represente, poderá comparecer no prazo de dez (10) días hábiles contados desde o día seguinte ao da publicación do presente anuncio no Boletín Oficial del Estado nas dependencias do Servizo de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica do Departamento Territorial de Vigo, da Consellería de Política Social e Igualdade, na rúa Concepción Arenal, nº 8, 1º andar, en Vigo, de luns a venres laborais, das 9.00 ás 14.00 horas. De non se efectuar a comparecencia durante o prazo establecido, ao vencer este a notificación entenderase producida.
Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, se ben a notificación quedará supeditada á súa publicación no Boletín Oficial del Estado.
Advírtese que contra a resolución se poderá interpoñer recurso ante o Xulgado de Primeira Instancia de Vigo que por quenda corresponda no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa notificación practicada por comparecencia, de conformidade co disposto no artigo 780.1 da Lei 1/2000, do 7 de xaneiro, de axuizamento civil, e/ou no prazo de dous anos no caso de oposición á dita resolución administrativa, desde o día seguinte ao da súa notificación practicada por comparecencia, de conformidade co disposto no artigo 172.2 do Código civil.
Vigo, 13 de maio de 2026
María Ángeles Rouco Fernández
Directora territorial de Vigo
ANEXO
Núm. de expediente: 2024/195-36.
Persoa interesada: 18171280S.
Acto que se notifica: Resolución administrativa do 17 de marzo de 2026.
Efectos xurídicos que produce a resolución: establecemento de medida administrativa.
