Ao abeiro do disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, no uso das competencias atribuídas a este departamento territorial, tentada a notificación da resolución ditada no procedemento no último domicilio coñecido da persoa que se cita no anexo sen que esta se puidese efectuar por causas non imputables á Administración, notifícase mediante anuncio o referido acto administrativo á dita persoa emprazándoa para que no prazo de dez (10) días hábiles contados desde o día seguinte á da data de publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, compareza en persoa ou debidamente representada nas dependencias do Servizo de Prestacións, Inclusión e Inmigración do Departamento Territorial da Consellería de Política Social e Igualdade de Lugo, rolda da Muralla 70, en horario de mañá entre as 09.00 horas e as 14.00 horas, de luns a venres, para os efectos de coñecer o texto íntegro da dita resolución e advertíndolle que, de non facelo así, se terá por practicada a notificación ao vencemento do prazo indicado para comparecer.
Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, se ben a notificación quedará supeditada á súa publicación no Boletín Oficial del Estado.
Contra esta resolución, que non esgota a vía administrativa, poderá interpoñer reclamación previa á vía xurisdicional social, ante este departamento territorial, no prazo de trinta (30) días contados desde o día seguinte á data da súa notificación practicada por comparecencia, segundo o disposto no artigo 71 da Lei 36/2011, do 10 de outubro, reguladora da xurisdición social.
Lugo, 11 de maio de 2026
Óscar Viñas Penelas
Director territorial de Lugo
ANEXO
|
Número de expediente |
Persoa interesada |
Resolución e data |
|
BS650G 27/00298-X/19 |
33639661E |
Extinción 5.11.2025 |
