De conformidade co disposto na Lei 5/1998, do 18 de decembro, de cooperativas de Galicia, faise público que a asemblea xeral extraordinaria (acta de decisións do socio único) da cooperativa de traballo asociado Enérxica, S. Coop. Galega, con NIF F70366091, que tivo lugar o día 6 de abril de 2026, acordou, pola maioría legal e estatutariamente exixida, a disolución da sociedade cooperativa, e ábrese o período de liquidación.
Así mesmo, a asemblea xeral acordou o nomeamento de Francisco Asís Usero Bárcena, con DNI ***9357**, como liquidador único da cooperativa, quen aceptou expresamente o cargo.
En consecuencia, a sociedade pasará a denominarse Enérxica, S. Coop. Galega, en liquidación.
Ferrol, 11 de maio de 2026
Francisco Asís Usero Bárcena
Liquidador único de Enérxica, S. Coop. Galega
