A Xunta de Goberno Local do Concello de Vigo, na súa sesión ordinaria do 4 de maio de 2026, acordou ratificar e elevar a definitivo o acordo de aprobación inicial do convenio urbanístico de execución de planeamento, zona 2, sobre as parcelas sitas na praza de España, entre a avenida Gran Vía, a rúa Pizarro e a rúa Honduras, adoptado pola Xunta de Goberno Local con data do 21.11.2025, ao non terse recibido ningún escrito de alegación, polo que o texto inicial aprobado e o documento administrativo asinado se entenden definitivamente aprobados, producindo a aprobación e a formalización acadada plenos efectos xurídicos.
O dito convenio asinouse nas dependencias municipais da Xerencia Municipal de Urbanismo do Concello de Vigo, con data do 22 de xaneiro de 2026.
De conformidade co disposto no artigo 403 do Decreto 143/2016, do 22 de setembro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, publícase o convenio urbanístico no Diario Oficial de Galicia.
Na seguinte ligazón poderá consultarse o convenio asinado con data do 22 de xaneiro de 2026, xunto coa certificación do acordo íntegro adoptado pola Xunta de Goberno Local do 4 de maio de 2026: https://hoxe.vigo.org/movemonos/urb_plan_convenios.php?lang=gal
Vigo, 14 de maio de 2026
O presidente da Xerencia Municipal de Urbanismo de Vigo
P.D. (Resolución do 4.7.2023)
María José Caride Estévez
Concelleira delegada da Área de Goberno de Urbanismo e Vivenda
