DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 106 Martes, 9 de xuño de 2026 Páx. 33425

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Cortegada

ANUNCIO da convocatoria para prover unha praza de traballador/a social.

Por Resolución da Alcaldía do 5 de maio de 2026 aprobouse a convocatoria e as bases que han rexer o proceso selectivo para a cobertura, como funcionario/a de carreira, dunha praza de traballador/a social vacante no cadro de persoal deste Concello, pertencente ao grupo A, subgrupo A2, mediante o sistema de oposición libre, correspondente á oferta de emprego público (OEP) do ano 2026.

No Boletín Oficial da provincia de Ourense núm. 92, do 19 de maio de 2026, publicáronse integramente as bases que han rexer a dita convocatoria.

O prazo de presentación de solicitudes será de vinte (20) días naturais contados a partir do día seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial del Estado (BOE).

Os sucesivos anuncios referentes a esta convocatoria faranse públicos no Boletín Oficial da provincia de Ourense e mais no taboleiro de anuncios da sede electrónica do Concello de Cortegada (https://cortegada.sedelectronica.es/).

Cortegada, 19 de maio de 2026

Avelino Luis de Francisco Martínez
Alcalde