A Xunta de Goberno Local no punto número 23 da súa sesión ordinaria do 30 de abril de 2026 adoptou o seguinte acordo:
1. Aprobar inicialmente o estudo de detalle para a ordenación de volumes edificables e adaptación e reaxuste de aliñacións e rasantes nas parcelas definidas na MP da zona 5 do SU-46 por pedimento de Álvarez Herrero NG, S.L.
2. Someter a información pública polo prazo dun mes o documento de aprobación inicial mediante anuncios no Diario Oficial de Galicia e nun dos xornais de maior circulación na provincia, así mesmo o documento poderá consultarse no Negociado de Planeamento Urbanístico en horario de atención ao público e no taboleiro de edictos na sede electrónica municipal.
3. Notificar este acordo aos titulares catastrais do ámbito, co fin de que durante o prazo dun mes formulen as alegacións que consideren convenientes.
4. Solicitar os informes sectoriais preceptivos de conformidade coa normativa de aplicación.
Réxime de recursos: contra este acordo, como acto de trámite que é e que non decide directa ou indirectamente o fondo do asunto, nin determina a imposibilidade de continuar o procedemento nin produce indefensión ou prexuízo irreparable a dereitos e intereses lexítimos, non cabe a interposición de recurso ningún, sen prexuízo dos que poidan interpoñerse contra o acordo que poña fin ao expediente, baseándose na nulidade ou anulabilidade deste acordo.
O documento de aprobación inicial estará exposto no taboleiro de edictos da sede electrónica do concello. Tamén se poderá consultar fisicamente nas dependencias da Área de Urbanismo, do Concello de Ourense (rúa García Mosquera, núm. 19), das 9.00 ás 14.00 horas.
Conforme o establecido no artigo 80 da Lei 2/2016, d 10 de febreiro, do solo de Galicia, poderán presentarse alegacións no prazo dun mes contado a partir da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.
Ourense, 8 de maio de 2026
Gonzalo Pérez Jácome
Alcalde presidente
