DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 107 Mércores, 10 de xuño de 2026 Páx. 33598

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Mar

RESOLUCIÓN do 20 de maio de 2026 pola que se autoriza a transmisión inter vivos da concesión de actividade e de ocupación do dominio público marítimo-terrestre do parque de cultivos mariños Roberto Pernas Boutureira-Parque Cultivo-Paderne.

Antecedentes:

1. O día 16 de outubro de 2025, Roberto Pernas Palmeiro e Carlos Pernas Palmeiro solicitaron autorización para a transmisión inter vivos da concesión administrativa do parque de cultivos mariños Roberto Pernas Boutureira-Parque Cultivo-Paderne a favor de Adriana Alves Silva.

2. As persoas interesadas achegaron a documentación requirida para a súa tramitación.

3. O día 7 de abril de 2026, o técnico facultativo de recursos mariños do Departamento Territorial da Coruña da Consellería do Mar emitiu un informe técnico-biolóxico sobre o estado do parque no que se recolle que «cómpre salientar a baixa actividade detectada no parque de cultivo, evidenciada pola reducida produtividade rexistrada, o abandono de estruturas e sistemas de cultivo, así como pola diminución efectiva da superficie produtiva. Esta situación require da adopción de medidas correctoras orientadas a recuperar a súa capacidade produtiva e garantir unha xestión acuícola economicamente viable».

Consideracións legais e técnicas:

1. A competencia para ditar esta resolución correspóndelle á persoa titular da Consellería do Mar, de conformidade co disposto na Lei 11/2008, do 3 de decembro, de pesca de Galicia.

En virtude da Orde do 21 de febreiro de 2022 sobre delegación de competencias en diversos órganos de dirección da Consellería do Mar e na Presidencia da entidade pública empresarial Portos de Galicia, delégase esta competencia nas persoas titulares dos departamentos territoriais da Consellería do Mar.

2. O procedemento tramitouse de conformidade co establecido na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, coas especialidades previstas na Lei 11/2008, do 3 de decembro, de pesca de Galicia.

De acordo con todo o indicado,

RESOLVO:

Autorizar a transmisión inter vivos da concesión de actividade e de ocupación do dominio público marítimo-terrestre do seguinte establecemento:

Nome do establecemento: Roberto Pernas Boutureira-Parque Cultivo-Paderne.

Tipo: parque de cultivos mariños.

Localización: marxe dereita da ponte do Pedrido, concello de Paderne, A Coruña.

Número de rexistro: RA05725.

Superficie de dominio público marítimo-terrestre: 59.054,00 m2.

Especies autorizadas: ameixa xaponesa (Ruditapes philippinarum), ameixa babosa (Venerupis corrugata), ostra (Ostrea edulis), berberecho (Cerastoderma edule), ameixa fina (Ruditapes decussatus), birollo (Cerastoderma glaucum) e ostra rizada (Magallana gigas).

Título habilitante: concesión.

Data da resolución de outorgamento: 20.3.2009 (DOG núm. 108, do 4 de xuño).

Inicio da vixencia: 14.5.2009.

Remate da vixencia: 14.5.2029.

Tipo de transmisión: inter vivos.

Actuais titulares: Roberto Pernas Palmeiro (***4262**) e Carlos Pernas Palmeiro (***5421**).

Nova titular: Adriana Alves Silva (****4761*).

Baixo as seguintes condicións:

Primeira. A nova titular deberá presentar, no prazo máximo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, a seguinte documentación:

a) Escritura pública notarial na que se formalice a transmisión onerosa ou lucrativa.

b) Xustificante da liquidación do imposto sobre transmisións patrimoniais e actos xurídicos documentados ou, de ser o caso, do imposto sobre sucesións e doazóns.

Segunda. Transcorrido o prazo indicado na condición primeira sen ter presentada a documentación requirida, a autorización quedará sen efecto, logo de resolución ditada por esta consellería.

Terceira. A nova titular queda subrogada nos dereitos e obrigas dos anteriores desde o momento de formalización da transmisión en escritura pública.

Cuarta. Deberanse adoptar as medidas correctoras necesarias para recuperar a capacidade produtiva do parque e garantir a súa viabilidade económica. As medidas adoptadas comunicaranse a través dos informes de seguimento dos efectos da actividade no dominio público marítimo-terrestre.

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso potestativo de reposición no prazo dun mes ante a persoa titular da Consellería do Mar, ou recurso contencioso-administrativo ante a xurisdición contencioso-administrativa no prazo de dous meses, contados en ambos os dous casos desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co disposto no artigo 123 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), e no artigo 46.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa (BOE núm. 167, do 14 de xullo).

A Coruña, 20 de maio de 2026

A conselleira do Mar
P.D. (Orde do 21.2.2022)
María José Cancelo Baquero
Directora territorial da Coruña