DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 107 Mércores, 10 de xuño de 2026 Páx. 33581

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

ANUNCIO do 21 de maio de 2026, do Departamento Territorial de Ourense, polo que se notifica ás persoas interesadas a Resolución do 19 de maio de 2026 relativa a unha instalación eléctrica no concello do Barco de Valdeorras (expediente IN407A 2026/019-3).

Mediante a Resolución do 19 de maio de 2026, do Departamento Territorial de Ourense, concedéronse as autorizacións administrativas previa e de construción e declarouse, en concreto, de utilidade pública, para os efectos da urxente ocupación, a unha instalación eléctrica no concello do Barco de Valdeorras (expediente IN407A 2026/019-3).

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, mediante este anuncio emprázanse aos titulares dos predios que no anexo se relacionan para ser notificados por comparecencia, por non ter sido posible efectuar a notificación prevista na citada norma.

As persoas interesadas, ou os seus representantes, deberán comparecer no prazo de dez días contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado, nas dependencias do Departamento Territorial da Consellería de Economía e Industria en Ourense, na rúa Curros Enríquez, nº 1, 3º (Servizo de Enerxía e Minas), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres. A eficacia deste anuncio queda supeditada á súa publicación no TEU.

Transcorrido o dito prazo sen efectuar a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Ourense, 21 de maio de 2026

Alicia María López Míguez
Directora territorial de Ourense

ANEXO

Relación de afectados descoñecidos, de domicilio ignorado ou non notificados

Núm. de expediente: IN407A 2026/019-3.

Solicitante: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Denominación da instalación: substitución do CT ENTOMA-32CD19.

Termo municipal: lugar de Éntoma, concello do Barco de Valdeorras.

Predio núm. en proxecto: 1; referencia catastral: 32010A001007880000XZ.

Paraxe: Tumbeiro.

Cultivo: Prado.

Titular: hdros. de Ramiro López.

Afeccións: ocupación de 2 m2 para o apoio x-1 e de 19 m2 de canalización soterrada.