Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva «cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar», mediante este anuncio comunícanse a todas as persoas interesadas os pagamentos dos prezos xustos polos bens e dereitos afectados polo proxecto Instalación de RC TC en LMTA MOF802 no apoio nº 122-53-3 (Bóveda), segundo o calendario e o horario que se sinalan no cadro anexo.
Ao acto deberán comparecer as persoas propietarias ou titulares de dereitos sobre os bens afectados, por si mesmas ou representadas por persoa debidamente autorizada, e amosarán o seu DNI/NIF, así como os documentos que acrediten a titularidade.
Lugo, 20 de maio de 2026
Gustavo J. Casasola de Cabo
Director territorial de Lugo
ANEXO
Expediente: IN407A 2023/102-2.
Entidad beneficiaria: UFD Distribucion Electricidad, S.A.
Denominación: Instalación de RC TC en LMTA MOF802 no apoio nº 122-53-3.
Convocatoria para o pagamento dos prezos xustos no concello de Bóveda.
|
Concello |
Titular |
Día |
Hora |
Predio |
|
Bóveda |
Descoñecido |
14.10.2026 |
9.45 |
1 |
