En cumprimento do previsto no artigo 78.ter.2.a) do Regulamento do dominio público hidráulico, aprobado polo Real decreto 849/1986, do 11 de abril, faise público que se está a tramitar a seguinte solicitude de autorización de obras:
Solicitante: Excavaciones Mariñanas, S.L.
DNI: ***2319**.
Expediente: DH.W15.116147.
Lugar: Painceiras.
Parroquia: Narón.
Concello: Narón (A Coruña).
Descrición das actuacións:
Movemento de terra e recheo das parcelas 20, 21, 22, 23, 24, 25, 26, 27, 28 e 30 do polígono 21.
A documentación pode consultarse na sección participación pública do portal da internet de Augas de Galicia (https://augasdegalicia.xunta.gal), e nas oficinas deste servizo territorial situadas na rúa Vicente Ferrer, 2, 9º andar, 15008 A Coruña.
As persoas interesadas poderán presentar alegacións durante o prazo de vinte (20) días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, en calquera dos rexistros previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións púbicas.
A Coruña, 18 de maio de 2026
Roberto Arias Sánchez
Xefe do Servizo Territorial da Zona Hidrográfica de Galicia Norte
