DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 107 Mércores, 10 de xuño de 2026 Páx. 33605

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

ANUNCIO do 10 de febreiro de 2026, do Servizo Territorial da Zona Hidrográfica de Galicia Sur, polo que se somete a información pública unha solicitude de novación da concesión de augas con clave DH.A36.02094, outorgada o 24 de outubro de 2003, no concello de Gondomar (expediente DH.A36.98270).

En cumprimento do previsto no artigo 142 do Regulamento do dominio público hidráulico, aprobado polo Real decreto 849/1986, do 11 de abril, faise público que se está a tramitar a seguinte solicitude de concesión de augas:

Solicitante: Comunidade de Usuarios de Vilaza.

Expediente: DH.A36.98270.

Volume total anual: 51.365,30 m3/ano.

Caudal máximo instantáneo: 1,7 l/s.

Destino: abastecemento.

Orixe: cinco mananciais e un regato captados nas parcelas 232, 236, 243, 250 e 257 do polígono 39 do catastro de Gondomar.

Lugar: Regodagua.

Parroquia: Chaín.

Concello: Gondomar.

Descrición:

A auga dos mananciais condúcese dunha arqueta de captación á seguinte ata a arqueta de reunión á cal chega tamén a derivada do regato. Segue a un depósito na parcela 12, polígono 22 do que parte rede de distribución ás vivendas.

O proxecto pode consultarse na sección de participación pública do portal da internet de Augas de Galicia (https://augasdegalicia.xunta.gal), e nas oficinas deste servizo territorial, situadas na rúa San Salvador, 2, 4º, 36240 Vigo (Pontevedra).

As persoas interesadas poderán presentar alegacións durante o prazo de vinte (20) días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, en calquera dos rexistros previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Vigo, 10 de febreiro de 2026

Susana Pérez González
Xefa do Servizo Territorial da Zona Hidrográfica de Galicia Sur