En cumprimento do previsto no artigo 142 do Regulamento do dominio público hidráulico, aprobado polo Real decreto 849/1986, do 11 de abril, faise público que se está a tramitar a seguinte solicitude de concesión de augas:
Solicitante: Comunidade de Usuarios Casás, Tumbio e Bichicáns.
Expediente: DH.A36.114044.
Volume total anual: 21.429,00 m3/ano.
Caudal máximo instantáneo: 0,67 l/s.
Destino: abastecemento.
Orixe: catro (4) mananciais M1 a M4.
M1 na parcela 5, polígono 18.
M2 na parcela 10, polígono 27.
M3, M4 na parcela 1, polígono 27.
Todas do catastro de Gondomar.
Lugar: Os Casás.
Parroquia: Vincios.
Concello: Gondomar.
Descrición:
A auga captada dos mananciais condúcese a un depósito na parcela 1, polígono 27. Segue a un segundo depósito na parcela 346, polígono 26 do que parte unha rede de distribución ás vivendas.
O proxecto pode consultarse na sección de participación pública do portal da internet de Augas de Galicia (https://augasdegalicia.xunta.gal), e nas oficinas deste servizo territorial, situadas na rúa San Salvador, 2, 4º, 36240 Vigo (Pontevedra).
As persoas interesadas poderán presentar alegacións durante o prazo de vinte (20) días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, en calquera dos rexistros previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
Vigo, 26 de xaneiro de 2026
Susana Pérez González
Xefa do Servizo Territorial da Zona Hidrográfica de Galicia Sur
