BDNS (Identif.): 911397.
De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo se pode consultar na Base de datos nacional de subvencións (BDNS):
https://www.infosubvenciones.es/bdnstrans/GE/es/convocatoria/911397
https://www.infosubvenciones.es/bdnstrans/GE/es/convocatoria/911384 (minimis xeral)
https://www.infosubvenciones.es/bdnstrans/GE/es/convocatoria/911392 (minimis agrícola)
Os códigos asignados pola BDNS corresponden a un mesmo texto de convocatoria.
Primeiro. Persoas beneficiarias
As pequenas e medianas empresas (pemes), segundo a definición establecida pola Comisión Europea no anexo I do Regulamento (UE) nº 651/2014, calquera que sexa a súa forma xurídica, incluíndo os empresarios autónomos, e que teñan un centro de traballo en Galicia en que se vaia realizar o proxecto.
Segundo. Obxecto
As axudas concédense en réxime de concorrencia competitiva e teñen por obxecto apoiar proxectos de transformación dixital orientados á implantación e posta en produción de solucións dixitais que proporcionen soporte aos procesos dunha empresa, ás súas relacións comerciais e operativas con terceiros e á súa interconexión dixital na cadea de valor, así como proxectos de intercambio automatizado de datos entre unha empresa galega e outras empresas.
Terceiro. Bases reguladoras
Resolución do 9 de xuño de 2026 pola que se dá publicidade do Acordo do Consello de Dirección que aproba as bases reguladoras das axudas á transformación dixital das pemes cofinanciadas pola Unión Europea no marco do programa Galicia Feder 2021-2027 e se procede á súa convocatoria para os anos 2026-2027 en réxime de concorrencia competitiva (código de procedemento IG300C).
Cuarto. Importe
Os créditos dispoñibles para concesións nesta convocatoria aboaranse con cargo á aplicación orzamentaria 09.A1.741A.7700 por un importe total de 3.000.000,00 €, coa seguinte distribución plurianual:
– Proxectos tipo 1 (< 50.000 €): 720.000,00 € ano 2026 e 180.000,00 € ano 2027.
– Proxectos tipo 2 (entre 50.000 € e 120.000 €): 720.000,00 € ano 2026 e 180.000,00 € ano 2027.
– Proxectos tipo 3 (> 120.000,00 €): 960.000,00 ano 2026 e 240.000,00 € ano 2027.
Quinto. Prazo de presentación de solicitudes
O prazo de presentación de solicitudes será dun (1) mes, contado desde as 9.00 horas do día seguinte ao da publicación da resolución de convocatoria no Diario Oficial de Galicia e ata as 14.00 horas do día en que se cumpra o devandito prazo.
Santiago de Compostela, 9 de xuño de 2026
Aïnhoa Mallo Martínez
Xerente do Instituto Galego de Promoción Económica
