DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 108 Xoves, 11 de xuño de 2026 Páx. 33751

IV. Oposicións e concursos

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 28 de maio de 2026, da Xerencia da Área Sanitaria de Santiago de Compostela e Barbanza, pola que se resolve a convocatoria pública para a provisión dun posto de xefe/a de sección de Psiquiatría do Hospital Psiquiátrico de Conxo, publicada pola Resolución do 30 de xaneiro de 2026 (Diario Oficial de Galicia número 31, do 16 de febreiro, e corrección de erros no Diario Oficial de Galicia número 35, do 23 de febreiro).

Convocada pola Resolución do 30 de xaneiro de 2026 (DOG núm. 31, do 16 de febreiro, e corrección de erros no DOG núm. 35, do 23 de febreiro) a provisión dun posto de xefe/a de sección de Psiquiatría do Hospital Psiquiátrico de Conxo, esta xerencia, en virtude das competencias atribuídas polo Decreto 145/2024, do 20 de maio (DOG núm. 101, do 27 de maio), polo que se establece a estrutura orgánica do Servizo Galego de Saúde, a Orde do 22 de abril de 2020 (DOG núm. 82, do 29 de abril) sobre delegación de competencias en órganos centrais e periféricos da Consellería de Sanidade e do Servizo Galego de Saúde, e o Decreto 134/2019, do 10 de outubro (DOG núm. 204, do 25 de outubro), polo que se regulan as áreas sanitarias e os distritos sanitarios do Sistema público de saúde de Galicia,

DISPÓN:

Primeiro. Resolver a convocatoria pública para a provisión dun posto de xefe/a de sección de Psiquiatría do Hospital Psiquiátrico de Conxo, convocada pola Resolución do 30 de xaneiro de 2026 (DOG núm. 31, do 16 de febreiro, e corrección de erros no DOG núm. 35, do 23 de febreiro).

Segundo. Nomear, para o posto que se indica, a persoa citada no anexo desta resolución.

Terceiro. O/a aspirante seleccionado/a deberá cesar na praza que desempeñe dentro dos tres (3) días hábiles seguintes a aquel en que se publique a resolución no Diario Oficial de Galicia.

A toma de posesión do posto de traballo adxudicado deberá efectuarse dentro dos dous (2) días hábiles seguintes ao do cesamento. Para estes efectos, entenderase por praza desempeñada a efectivamente ocupada, con independencia de que sexa en condición de destino definitivo, adscrito ou destino provisional ou comisión de servizos.

Se así o permiten as necesidades do servizo, e por petición motivada do/da interesado/a, os prazos a que se refiren os parágrafos anteriores poderán ser prorrogados polo órgano convocante.

O prazo de toma de posesión e a súa prórroga terán a condición de servizo activo e os correspondentes haberes percibiranse de conformidade co que estableza a orde sobre confección de nóminas do persoal ao servizo da Administración autonómica.

Entenderase que solicita excedencia voluntaria por interese particular, e será declarado/a en esa situación polo órgano competente, quen non se incorpore ao posto adxudicado no prazo establecido.

Cuarto. Contra esta resolución poderá interpoñer recurso de alzada ante a Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde, no prazo dun (1) mes, contado a partir do día seguinte ao da súa publicación, nos termos expostos nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

Santiago de Compostela, 28 de maio de 2026

Ángel Facio Villanueva
Xerente da Área Sanitaria de Santiago de Compostela e Barbanza

ANEXO

Denominación do posto: xefe/a de sección de Psiquiatría do Hospital Psiquiátrico de Conxo.

Nome e apelidos: Luisa Fernanda Peleteiro Pensado.

DNI (*): ***1868**.

(*) Ocúltase parcialmente o número de documento nacional de identidade para preservar os datos de carácter persoal, de acordo coa Lei orgánica 3/2018, do 5 de decembro.