DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 108 Xoves, 11 de xuño de 2026 Páx. 33749

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 10 de xuño de 2026, do tribunal designado para cualificar o proceso selectivo para o ingreso, mediante o sistema de oposición, pola quenda de acceso libre e promoción interna, no corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de profesores numerarios de institutos politécnicos marítimo-pesqueiros, especialidade de navegación marítima, convocado pola Resolución do 18 de xullo de 2025, pola que se fan públicos a data, a hora e o lugar de realización do segundo exercicio do proceso selectivo.

Na sesión que tivo lugar o 27 de maio de 2026, o tribunal nomeado por Resolución do 22 de xaneiro de 2026 pola que se nomea o tribunal que deberá cualificar o proceso selectivo para o ingreso mediante o sistema de oposición, pola quenda de acceso libre e promoción interna, no corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de profesores numerarios de institutos politécnicos marítimo-pesqueiros, especialidade de navegación marítima, acordou, de conformidade co disposto na base II.1.1.2 da convocatoria, que o segundo exercicio da oposición terá lugar os días 15 e 16 de xuño de 2026, nas salas D ou E, segundo se indica a continuación, ambas situadas na planta baixa do Edificio Administrativo de San Caetano (zona da pirámide), en Santiago de Compostela.

O día 15 de xuño realizaráselles un chamamento único, ás 15.00 horas, para realizar o segundo exercicio na indicada sala D ás seguintes persoas aspirantes:

– Iglesias Pereira, Brandán.

– López Calvo, Patricia.

– Lustres Alonso, Teresa.

– Muñiz Ouviña, Carlos.

O día 16 de xuño realizaráselles un chamamento único en horario de mañá, ás 9.00 horas, para realizar o segundo exercicio na indicada sala E ás seguintes persoas aspirantes:

– Piñeiro Vicente, Jorge.

– Sardiña Rivera, Ana.

– Sousa Teijeiro, Vanesa.

O día 16 de xuño realizaráselles un chamamento único en horario de tarde, ás 15.30 horas, para realizar o segundo exercicio na indicada sala E ás seguintes persoas aspirantes:

– Alonso Fernández, Rocío.

– Caamaño Carreño, Pablo.

– Calvo Tenreiro, Ricardo José.

– Diéguez Sanmartín, Gonzalo Carlos.

As persoas aspirantes deberán presentarse ao exercicio provistas de NIF, NIE, pasaporte, permiso de condución ou outro documento fidedigno que, a xuízo do tribunal, acredite a súa identidade.

De conformidade co disposto na base II.1.1.2 da convocatoria, para a preparación da unidade didáctica poderá utilizar o material que considere oportuno, sen posibilidade de conexión co exterior, polo que o material que vaia utilizar non poderá ser susceptible da dita conexión (ordenadores portátiles, teléfonos móbiles etc.), sen prexuízo da posibilidade de utilización alternativa do material que a ese respecto facilitaralle o tribunal. Para a exposición, o persoal aspirante poderá utilizar o material auxiliar que considere oportuno e que deberá achegar el mesmo, sempre que sexa aprobado polo tribunal, así como un guión que non excederá unha páxina e que se entregará ao tribunal ao final da exposición.

Santiago de Compostela, 10 de xuño de 2026

Manuel Romero Gómez
Presidente do tribunal