Na sesión que tivo lugar o 2 de xuño de 2026, o tribunal nomeado pola Resolución do 24 de novembro de 2025 (DOG núm. 233, do 2 de decembro), modificada pola Resolución do 9 de decembro de 2025 (DOG núm. 241, do 15 de decembro), para cualificar o proceso selectivo para o ingreso mediante o sistema de oposición, pola quenda de acceso libre, na agrupación profesional de persoal funcionario da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, escala de persoal subalterno, convocado mediante a Resolución do 24 de novembro de 2025 (DOG núm. 233, do 2 de decembro), acordou, de conformidade co disposto na base II.1.2.6 da convocatoria, que o segundo exercicio da oposición terá lugar o día 16 de xuño de 2026, en chamamento único que se iniciará ás 15.00 horas, na aula 11 da Escola Galega de Administración Pública, sita en Santiago de Compostela na rúa Madrid, 2-4 (Fontiñas).
A listaxe de persoas aspirantes convocadas para a realización deste exercicio pode consultarse no portal web da Xunta de Galicia (funcionpublica.xunta.gal).
As persoas aspirantes deberán ir provistas do DNI ou dun documento fidedigno acreditativo da súa identidade, a xuízo do tribunal, e bolígrafo de tinta azul.
Non se permitirá o acceso ao recinto en que se realice o exercicio con teléfonos móbiles, axendas electrónicas, reloxos intelixentes ou calquera outro material ou instrumento de que se poidan valer as persoas aspirantes para auxiliarse na realización do exercicio. Non se habilitará ningún servizo de recollida de móbiles.
Santiago de Compostela, 2 de xuño de 2026
María José Duro Regos
Presidenta do tribunal
