A Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal recibiu un oficio da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, Sección Primeira, polo que solicita o emprazamento de cantas persoas aparezan como interesadas no recurso contencioso-administrativo PO 95/26, en relación coa Resolución do 29 de setembro de 2025 pola que se convocan para a elección de destino definitivo as persoas aspirantes que superaron os procesos selectivos para o ingreso no corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de enxeñeiros, especialidade de enxeñaría agronómica, e no corpo facultativo de grao medio de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, escala de enxeñeiros técnicos, especialidade de enxeñaría técnica agrícola, convocados pola Orde do 1 de marzo de 2018 (Diario Oficial de Galicia número 47, do 7 de marzo) e polas resolucións do 16 de decembro de 2021 (Diario Oficial de Galicia número 241, do 17 de decembro) e do 22 de decembro de 2022 (Diario Oficial de Galicia número 244, do 26 de decembro, e Diario Oficial de Galicia número 245, do 27 de decembro).
En consecuencia, esta dirección xeral acordou nesta data, de conformidade co disposto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, o envío dos correspondentes expedientes administrativos á referida sala.
O anterior notifícase para xeral coñecemento de todas as persoas interesadas no procedemento, que son emprazadas para que poidan comparecer como parte nos autos na referida sala no prazo de nove días, contados desde o seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.
Santiago de Compostela, 25 de maio de 2026
Nuria Aguilar Vázquez
Directora xeral de Emprego Público e Administración de Persoal
