En cumprimento do previsto no artigo 109 do Regulamento do dominio público hidráulico, aprobado polo Real decreto 849/1986, do 11 de abril, faise público que se está a tramitar a seguinte solicitude de concesión de augas:
Solicitante: Rosa Buceta Otero, e Rosa, Ana María, Patricia e Rafael Díaz Buceta.
Expediente: DH.A36.104370.
Volume total anual: 125,00 m3/ano.
Caudal máximo instantáneo: 2,5 l/s.
Destino: rega.
Orixe: pozo na parcela 141, polígono 301, do catastro de Meis.
Lugar: O Mosteiro.
Parroquia: Nogueira.
Concello: Meis.
Descrición:
A auga, captada mediante pozo barrena, bombéase para rega da parcela 141, polígono 301, e da 4675003NH2047N0000WS.
O proxecto pode consultarse na sección de participación pública do portal da internet de Augas de Galicia (https://augasdegalicia.xunta.gal), e nas oficinas deste servizo territorial, situadas na rúa López de Neira, 3, oficina 403, 36202 Vigo (Pontevedra).
Os interesados poderán presentar alegacións durante o prazo de vinte días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, en calquera dos rexistros previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións pública.
Vigo, 13 de maio de 2026
Susana Pérez González
Xefa do Servizo Territorial da Zona Hidrográfica de Galicia Sur
