DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 108 Xoves, 11 de xuño de 2026 Páx. 33855

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

ANUNCIO do 25 de maio de 2026, do Servizo de Tramitación de Autorizacións e Concesións, polo que se someten a información pública os expedientes de extinción polo vencemento do prazo de concesión de augas (expediente DH.A15.19120 e dous máis).

En cumprimento do previsto no artigo 163.3 do Regulamento do dominio público hidráulico, aprobado polo Real decreto 849/1986, do 11 de abril, faise público que se están a tramitar os expedientes de extinción polo transcurso do prazo das concesións indicadas no anexo, correspondentes ao expediente DH.A15.19120 e dous máis.

As persoas interesadas poderán presentar alegacións durante o prazo de vinte (20) días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, en calquera dos rexistros previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 25 de maio de 2026

José Ángel Someso Anguita
Xefe do Servizo de Tramitación de Autorizacións e Concesións

ANEXO

Expediente

Titular

VMA (m3)
QME (l/s)

Orixe

Destino

Lugar (L)
Parroquia (P)
Concello (C)

DH.A15.19120

Secundino Rivera Rodríguez

2.080 m3

Manancial

Rega

L: O Vilar
P: Mera de Abaixo (Santiago)
C: Ortigueira

DH.A36.10914

José Antonio Landín Eirín

2.520 m3

Manancial

Rega

L: Xoubeira
P: Briallos (San Cristovo)
C: Portas

DH.A36.2987

Comunidade de Regantes de Pradiño

5.600 m3

Manancial

Rega

P: Cela (Santa María)
C: Bueu