En cumprimento do previsto no artigo 163.3 do Regulamento do dominio público hidráulico, aprobado polo Real decreto 849/1986, do 11 de abril, faise público que se está a tramitar os expedientes de extinción por caducidade das concesións indicadas no anexo, correspondente ao expediente E-1728-C e seis máis.
As persoas interesadas poderán presentar alegacións durante o prazo de vinte (20) días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, en calquera dos rexistros previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
Santiago de Compostela, 25 de maio de 2026
José Ángel Someso Anguita
Xefe do Servizo de Tramitación de Autorizacións e Concesións
ANEXO
|
Expediente |
Titular |
VMA (m3) |
Orixe |
Destino |
Lugar (L) |
|
E-1728-C |
José Pérez Caamaño |
0,25 l/s |
Dous regatos |
Rega |
L: Recarea P: Coiro (Santa María) C: Mazaricos |
|
E-1719A-C |
Venturta González Sendón, Josefa Gallardo Gallardo |
101 l/s |
Río |
Rega e forza motriz |
L: Vilar de Costa P: Coiro (Santa María) C: Mazaricos |
|
E-1763-C |
Enrique Calviño Muíño |
1,50 l/s |
Rego |
Rega |
L: A Carballeira de Arriba P: Viladabade (San Cibrán) C: Tordoia |
|
E-1775-C |
José García Pereiro Francisca Pumar Bellón Manuela Pereiro Gonzales |
1,5 l/s |
Río |
Rega |
L: O Vilar P: Arabexo (Santa María) C: Val do Dubra |
|
E-1797-C |
José Martínez Pardo, Agustín Martínez Pardo |
1,66 l/s |
Río |
Rega |
L: Rebordelos P: Arabexo (Santa María) C: Val do Dubra |
|
E-1627-C |
Frigoríficos Conchado, S.A. |
8,4 l/s |
Regato |
Industrial |
C: Culleredo |
|
E-67-5796-C_01 |
Juan Casanova Bustelo |
0.30 l/s |
Regato |
Rega |
P: Grixoa (San Xoán) C: Santa Comba |
