Visto o expediente para o outorgamento da autorización administrativa previa e de construción para a instalación eléctrica que a continuación se describe:
Peticionario: Begasa.
Domicilio social: rúa Ramón María Aller Ulloa, 9, 27003 Lugo.
Denominación: enlace LSMT e reforma CT Club Fluvial (13687) LMT 20 kV Gapsa_1”.
Situación: concello de Lugo.
Características técnicas principais:
• Liña soterrada de alta tensión a 20 kV Gapsa_1 con orixe no CT Urbanización San Lázaro e final no novo CT Club Fluvial, cunha lonxitude de 490 metros de condutor proxectado tipo HEPRZ1-240 en canalización existente e proxectada (349 metros).
• Liña soterrada de alta tensión a 20 kV Gapsa_1 con orixe no novo CT Club Fluvial e final no apoio HV 2A60846, cunha lonxitude de 410 metros de condutor proxectado tipo HEPRZ1-240 en canalización existente e proxectada (349 metros).
• Centro de transformación prefabricado Club Fluvial, cunha potencia proxectada de 630 kVA, no cal se instalan dúas celas de liña telemandadas e unha de protección con fusibles, relación de transformación 20.000/400-230 V.
• Desmontaxe de 2 apoios de celosía metálica, 3 apoios de formigón, 330 metros de condutor LA-30, 40 metros de condutor tipo RHZ1_95, 160 metros de condutor RHZ1-240 mm e desmantelamento do CT 13867 Club Fluvial.
Finalidade da instalación: mellora da subministración.
Orzamento: 175.731,81 €.
Documentación que se xunta:
• Separata para o Concello de Lugo.
• Separata para a Confederación Hidrográfica do Miño-Sil.
• Separata para a Consellería de Cultura.
•Separata para a Deputación Provincial de Lugo.
Este departamento territorial, de acordo coas competencias que resultan do Decreto 140/2024, do 20 de maio, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Economía e Industria, e tendo en conta o Decreto 9/2017, do 12 de xaneiro, sobre órganos competentes para autorización de instalacións eléctricas na Comunidade Autónoma de Galicia,
RESOLVE:
En relación coa instalación de alta tensión, conceder a autorización administrativa previa e de construción das ditas instalacións, sen prexuízo de terceiros e con independencia das autorizacións que sexan necesarias para a execución da obra por parte doutros órganos da Administración, supeditada ao cumprimento das seguintes condicións:
Primeira. As instalacións deberán axustarse na súa execución ao disposto no citado proxecto de execución e a dirección de obra deberá levala a cabo un técnico competente.
Segunda. O peticionario asegurará o mantemento e a vixilancia correcta das instalacións durante a construción e despois da súa posta en servizo, co fin de garantir que se manterán sempre as condicións regulamentarias de seguridade.
Terceira. Deberán cumprirse en todo momento as normativas e directrices vixentes que sexan de aplicación, en particular canto establecen a Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico; o Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en liñas eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-LAT 01 a 09, e o Real decreto 337/2014, do 9 de maio, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-RAT 01 a 23.
Cuarta. O prazo de posta en marcha das instalacións que se autorizan será de dous anos, contados a partir da data da última autorización administrativa necesaria para a súa execución. No caso de resultar aplicable, en función da tipoloxía da instalación, deberán respectarse os prazos establecidos no artigo 13.9 do Regulamento (UE) 2024/573 do Parlamento Europeo e do Consello, do 7 de febreiro, sobre os gases fluorados de efecto invernadoiro, polo que se modifica a Directiva (UE) 2019/1937 e se derroga o Regulamento (UE) 517/2014 (DOUE 573, do 20 de febreiro de 2024), sobre prohibicións para a posta en funcionamento de aparellaxe eléctrica que empregue gases fluorados de efecto invernadoiro, ou cuxo funcionamento dependa deles, nun medio illante ou de rotura. Unha vez construídas estas instalacións, a empresa promotora deberá presentar a solicitude de autorización de explotación ante este departamento territorial, xunto coa documentación requirida na lexislación vixente de aplicación.
Contra esta resolución poderase interpor recurso de alzada, ante a conselleira de Economía e Industria, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación desta resolución. Tamén se poderá interpor calquera outro recurso que se considere pertinente en dereito.
Lugo, 28 de maio de 2026
Gustavo José Casasola de Cabo
Director territorial de Lugo
