DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 108 Xoves, 11 de xuño de 2026 Páx. 33876

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Castroverde

ANUNCIO da convocatoria para a provisión en propiedade, por promoción interna, dunha praza de auxiliar administrativo.

No Boletín Oficial da provincia de Lugo número 97, do 30 de abril de 2026, foron publicadas integramente as bases que van regular a convocatoria para prover, por promoción interna, unha praza de auxiliar administrativo pertencente ao cadro de persoal de funcionarios de carreira, encadrada na escala da Administración xeral, subescala auxiliar, grupo C2, a través do proceso selectivo de concurso-oposición.

O prazo de presentación de solicitudes será de vinte (20) días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.

Os sucesivos anuncios referentes a esta convocatoria, cando cumpra de conformidade coas bases, faranse públicos na forma prevista nas propias bases da convocatoria.

Castroverde, 4 de maio de 2026

Xosé Mª Arias Fernández
Alcalde